martes, 2 de marzo de 2010

A ORQUESTRA PANORAMA UN ANO MAIS VOLVE A GAÑAR

A orquestra Panorama proclámase vencedora, por quinto ano
consecutivo, para os visitantes de Anosacosta
(Foto: www.anosacosta.es)


A orquesta Panorama volveu a vencer, por quinto ano consecutivo, no concurso da Mellor Orquestra de Galicia, que impulsamos desde o portal Anosacosta.com. Obtivo un 33,37% dos votos.

A orquestra Panorama acadou un 33,37% dos 1.714 votos recolectados nesta fase final. Con anterioridade, houbo unha fase de nominacións para elixir as oito candidatas. O escrutinio quedou do seguinte xeito:

1. PANORAMA 572 -33,37%
2. OLYMPUS 454- 26,49%
3. LOS SATÉLITES 242- 14,12%
4. CHARLESTON 178 – 10,39%
5. CICLÓN 150- 8,75%
6. PARÍS DE NOIA 62- 3,62%
7. SUAVECITO 28 – 1,63%
8. PHILADELPHIA 28- 1,63%

A Orquesta Panorama tivo coma principal rival a Olympus de Negreira, aínda que en todo momento mantivo a pole position. O webmaster de Anosacosta, Marcos Díaz Molk destacou o seguimento dun concurso que xa se convertíu en tradicional e agradeceu o apoio dos internautas a esta nova convocatoria:

“O noso concurso naceu coa idea de apoiar as nosas formacións e promocionar as verbenas de Galicia, é certamente creemos que acadamos o obxetivo, pola propia publicidade destas votacións, que encontraron un eco moi importante nos diferentes medios”.

Molk anunciou que a Panorama recibirá o seu trofeo e diploma acreditativo nunha das festas do verán (o ano pasado foi en Santa Comba). A verbena da entrega está aínda sen determinar, e animou as comisións de festexos interesadas neste acto a poñerse en contacto coa web www.anosacosta.com

Fuente: Web Anosacosta

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario