miércoles, 3 de marzo de 2010

O BNG de Fene pide a comparecencia no Pleno do delegado de Obras

O portavoz do grupo municipal do BNG, Manuel Polo Gundín, ven de presentar para o seu debate, no Pleno ordinario de mañá xoves, unha proposta relativa ás obras pendentes de executar no Concello de Fene dende o ano 2007.

O Concello de Fene ten aprobado obras de Plans provinciais por valor de 1.585.375,62 €. Dende o Plan de Obras e Servizos de 2007 até o POS do 2010.

A Concellaría de obras non foi quen de iniciar nin unha soa das actuacións aprobadas. Os problemas administrativos ou de legalidade urbanística dos respectivos informes xurídicos dos diferentes Plans foron motivo dunha xuntanza dos concelleiros do BNG xunto co Alcalde e o Concelleiro delegado de Obras na Deputación Provincial co Presidente e o Vicepresidente ademais dos técnicos do ente Provincial.

Nesta xuntanza realizada no mes de outubro pasado chegamos a un punto de encontro para desbloquear a situación. A proposta do BNG, acordamos que fose solicitado un informe xurídico e urbanístico ao equipo redactor do PXOM de Fene. Esta alternativa pareceulle válida para todas as partes, e agora catro meses despois atopámonos que non se ten iniciada nin unha das obras do 2007, e por suposto de ningunha anualidade posterior. No GM do BNG de Fene vemos con moita preocupación os requerimentos de documentación da Deputación da Coruña de data 10 de febreiro onde se indica con claridade que están a piques de perder máis de 600.000 dos plans de 2007 por non ter achegado a información solicitada.Para clarificar con carácter monográfico a situación das obras que de seguido se relacionan:

ANO 2007

P.O.S 2007: 346.291,95.-€

ABASTECEMENTO ESTRADA DA PALMA MARXE DEREITA

SANEAMENTO CAMIÑO DE LUBIÁN 1ª FASE

SANEAMENTO CAMIÑO MONTE DA CANCELA (BARALLOBRE)

SANEAMENTO CAMIÑO DO COCALLO (BARALLOBRE)

SANEAMENTO FONTE NOVA (2ª FASE) (MAGALOFES)

PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DE CHAMOSO (FENE)

SERV. PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DA CASA VELLA (FENE)

SENDA PEONIL AVD. COOPERACIÓN- RÚA TELLERÍAS (SAN VALENTÍN)

P.C.P. 2007: 335.977,77.-€

REURBANIZACIÓN MURO DAS CHANCAS

REURBANIZACIÓN SAN VALENTÍN (2ª FASE)

PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DO TRABADO

ABASTECEMENTO CAMIÑO DE BOADO-TRES CASTIÑEIROS (MANIÑOS)

DOTACIÓN SERVIZOS PARQUE RÍO DE BAA (MANIÑOS)

PAVIMENTACIÓN PARCIAL CAMIÑO DE VILANOVA



Solicitamos, ao abeiro do artigo 104 do ROF, a adopción do seguinte acordo:



1.-Incluír na orde do día do seguinte pleno municipal o seguinte asunto .- Solicitude de información ao Concelleiro delegado da Área de desenvolvemento territorial relativas ás actuacións e xestións da súa delegación con carácter xeral e en especial coa programación de obras aprobadas e sen executar desde o ano 2007 procedentes de fondos provinciais.



O BNG realizará todas as xestións e interpelacións necesarias para colaborar na execución destes Plans, pero tamén lle queremos esixir responsabilidades ao delegado de Obras polo que supón un aparente abandono das súas funcións.

.

3 comentarios:

  1. Esto es de vergüenza!
    q se vayan ya!!! p q no hacen nada!!!
    el PSOE no ha hecho nada desde q se subió al sillón.
    Es una vergüenza!

    ResponderEliminar
  2. E vergonzoso o que esta pasando en Fene,sobre todo na área de obras e servicios.Non hai mais que dar un pequeno recorrido polo concello,voluminosos levan en moitos sitios mais de dous meses sin recoller.limpeza...,camiños...que moitos deles cando pase o inverno,non se pasara por eles.O caso e que falas con eles e todo e bla,bla,bla,e mais bla,bla,bla.e o probleba sin amañar.

    ResponderEliminar
  3. Ningún trabajo se hace sin hecharle horas y eso es lo que le falta al grupo de gobierno ganas de trabajar por los vecinos y horas de dedicación. Con el bla-bla salen del problema en ese momento y si te he visto no me acuerdo. De pena.

    ResponderEliminar