A Sociedad de Xestión do Plan Xacobeo so gastou cartos en reforzar a sinalización e nalgúns casos duplicala.
Para o BNG de Fene nin a Xunta de Galicia nin o Goberno municipal están facendo o esforzo necesario para potenciar o Camiño ao seu paso por Fene. A día de hoxe no concello non hai coñecemento de concertos ou actividades como viña ocorrendo en anos anteriores que sin ser ano Santo, o bipartito, potenciaba o Camiño en Fene a través da Sociedade de Xestión do Xacobeo. O Portavoz nacionalista, Manuel Polo, interesouse na Comisión de dinamización social do pasado xoves por esta programación e nin a área de Cultura do concello nin a Xunta teñen nada previsto para o ano Santo 2010.
Infraestructura. En Canto ao camiño se sí, dende o BNG lamentamos o abandono por parte do Alcalde das xestións para ter listo o camiño en Vilar do Colo, como é coñecido un dos elementos co que se atopou a SEPES foi coa presenza do camiño de Santiago e nin a Xunta nin a propia SEPES foron quen de arranxalo para este ano 2010. En canto ao concello dende o límite con Neda a Mundín a concellaría de Servizos dirixida pola nacionalista Inés Roca, no segundo trimestre do 2009, iniciara os arranxos das fontes e lavadoiros do Camiño. Podense ver en Fonte do Campo ou a Casa Vella o resultado destas actuacións. No intre que o BNG abandona o goberno municipal en xullo do 2009 so quedaba por rematar o lavadoiro de Mundín e as melloras no seu entorno. Seis meses despois a actuación segue parada.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario