lunes, 7 de octubre de 2013

Foto denuncia



O PSdeG-PSOE de Fene denuncia a inoperancia do Goberno de Fene para arranxar o paseo marítimo de San Valentín.



Hai máis de 3 meses que o grupo municipal socialista leva denunciando nas comisións informátivas e no pleno o perigoso estado dalgunhas zonas do paseo marítimo de San Valentín.


Concretamente no tramo de madeira hai zonas que ameazan derrumbarse, taboas do chan que desapareceron e o mais perigoso zonas onde as táboas están a pudrirse co perigo de afundirse e de accidente dos usuarios desta instalación. De feito hai unhas semanas unha usuaria caiu ao ceder unha das taboas afortunadamente sen consecuencias para a súa integridade.


O PSdeG-PSOE de Fene quere denunciar públicamente a inoperancia do Goberno do PP.


MÁS FOTOS



No hay comentarios:

Publicar un comentario