Evento:
Festival Cultural
Lugar:
Plaza do Concello
Municipio:
Fene
Comarca:
de Ferrol
Provincia:
Coruña
‘Peter
Punk’, a nova actividade da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de
Galicia para a época estival, inaugurou na tarde de onte a programación que se desenvolverá na Praza
do Concello até o vindeiro xoves, 18 de xullo.
O
novo circo de ‘Peter Punk’ combinou as máis variadas técnicas circenses cun
humor adaptado á realidade e á lingua galegas, cuns diálogos e números pensados
especialmente para presentar o idioma de Galicia como parte esencial da vida
cotiá dos galegos.
Coma
un neno que se nega a medrar, Peter Punk xogou en escena co público, coa
palabra e, por suposto, con todos os aparellos que foi sacando da súa maleta.
Un espectáculo cheo de humor e de malabares, no cal a comicidade se mesturou
coa habilidade na procura da gargallada do público.
Durante
60 trepidantes minutos, o único protagonista do espectáculo amosounos a súa
destreza con bólas, mazas, aros... fixo incribles figuras de globoflexia nun
tempo récord e, como peche, puxo en perigo a súa vida nun final con fachos de
lume. Todo isto co humor como elemento condutor.
Martes, 16:
Ás 22 h. na Praza do Concello de Fene coa
actuación do Mago Rafa, un espectáculo no que se convida aos espectadores a rir
e a desfrutar duns verdadeiros “Momentos máxicos”. Combinando xogos incribles,
maxia musical e moito humor, o Mago Rafa pretende con esta función “provocar
incertidume, fuxindo de onde ninguén podería, trocando as leis físicas somentes
coas súas mans e facendo dubidar a nenos e maiores da realidade cotiá, aínda
que poñendo sempre un punto de esperanza e ilusión”.
Mércores,
17:
Festa
dos Avós, desde ás 20:00 a 22:00 horas, actividade organizada pola Área de
Benestar Social que se enfoca como unha xornada de convivencia na que se
homenaxea ás persoas maiores e aos seus descendentes. No devir da xornada
distribuiranse racións de paella, empanada e bola entre os asistentes. A cea
será totalmente gratuíta, non así as bebidas que haberá que pagar.
Dende
o Concello de Fene infórmase que a recadación que se obteña pola venda de
bebidas destinarase a Cáritas.
Unha
vez rematada a Festa dos Avós, comezará na mesma Praza do Concello, ás 22.30
horas, o espectáculo “Cantando a Galicia”, no que compartirán escenario Sito
Sedes, Rosa Cedrón e Paco Lodeiro. “Cantando a Galicia” recupera, da man de
grandes figuras do noso panorama musical, temas míticos da verbena clásica, dun
xeito totalmente renovado, pero sen perder nin un ápice de sentimento. Trátase
dunha homenaxe a aquelas grandes orquestras que amenizaron tantas noites
máxicas, unha invitación ó baile que fará as delicias de calquera que se asome
a esta posta de longo da festa galega. Para este espectáculo, Cedrón, Sedes e
Lodeiro quixeron abarcar desde os clásicos máis recoñecidos como Lela ou Aí ven
o Maio, ata temas de Los Tamara e Los Satélites ou autores como Andrés do Barro
ou Ana Kiro, ademais de boleros, pasodobrles e cha-cha-chas.
Xoves, 18:
Concluirá
en Fene o ciclo do Día Nacional de Galicia. Os actos desta derradeira xornada
comezarán ás 19:00 horas no Monumento “Día da Patria Galega” coa lectura da
Declaración Institucional, a cargo nesta ocasión de Nicolás Vidal (Fene, 1967).
Xornalista responsable do suplemento cultural de Diario de Ferrol, Nico Vidal
resultou gañador do Premio Ánxel Fole
2008, convocado pola Fundación Caixa Galicia e El Progreso, cunha obra titulada
“Purificación de Cora y Más Villafuerte, da prensa de partido ao xornalismo
como empresa”. Ademais é autor, xunto con José Gómez Fandiño, do libro
“Ferroláns de seu” (Ed. Embora). Pechará o acto o Coro Infantil Agarimo de
Sillobre que interpretará o himno galego.
Tralo
acto institucional, celebrarase tamén ese día na Praza do Concello, a partir
das 20:30 horas, o VIII Festival de
Habaneiras, coa participación das corais polifónicas de, San Valentín, O
Pote de Maniños, Eterna Xuventude e das rondallas Estrelecer e Perla do Río.
No hay comentarios:
Publicar un comentario