O presidente
da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou esta mañá en rolda de prensa
unha nova iniciativa da institución provincial destinada a mellorar a situación
económica dos concellos da provincia “nun momento crítico” para moitas
administracións locais.
Segundo
explicou Calvo, esta “medida” pasa por un adianto a 81
concellos e máis ao
Consorcio das Mariñas de máis de 25 millóns de euros. Esta cantidade
corresponde aos cartos que recibirían durante os meses de xullo, agosto e
setembro como resultado do cobro, por parte da Deputación dos impostos e as
taxas municipais que teñan delegada na institución provincial.
O obxectivo
desta medida, cualificada polo presidente da Deputación coma “excepcional ante
unha situación excepcional” é minimizar ao máximo o impacto que terá nos
concellos o Real decreto do Goberno do Estado publicado o pasado 28 de xuño
para a aplicación de medidas urxentes contra a morosidade das Administracións
públicas e de apoio a entidades locais con problemas financeiros.
O texto, tal
e como lembrou Calvo, establece un mecanismo de financiamento para garantir o
pago aos provedores cun marcado carácter de inmediato, así como a obriga de
aboar as facturas pendentes para evitar o seu sometemento a un plan de axuste.
Con este
adianto, a Deputación trata de facilitar que os concellos da provincia poidan
abonar os pagos pendentes antes do próximo 19 de xullo. A transferencia
realizouse onte aos 81 concellos e ao Consorcio das Mariñas, que son os que
teñen delegada na institución provincial algunha das súas taxas e impostos.
“Os
concellos que teñen delegados algún dos seus impostos ou taxas na Deputación
recibirán estes cartos a custo cero. Eles serán os grandes beneficiados.
Loxicamente, os que teñen contratada esta xestión a unha empresa non poderían
beneficiarse nunca dunha medida coma esta, e en todo caso só poderían facelo
pagando”, matizou o presidente provincial.
Estes 25
millóns de euros, que os concellos xa teñen no seu poder, súmanse no tempo á
liquidación do imposto de vehículos do ano 2013, que ascende a 9.784.731,80
euros e que foi pagado aos municipios o pasado 28 de xuño.
Sumando
estas dúas achegas, a Deputación da Coruña ingresoulles aos municipios que
delegan a xestión de taxas e impostos na institución provincial preto de 35
millóns de euros nas últimas dúas semanas.
Segunda
ocasión
Calvo
recordou que esta é a segunda ocasión que a Deputación adianta dunha vez tres
meses da recadación. Na primeira ocasión, en marzo do ano pasado, o
titular da Deputación Provincial da Coruña lembrou que “conseguimos que moitos
concellos puideran facer fronte aos seus pagos sen necesidade de realizar o
plan de axuste”, algo que confiou que suceda tamén nesta ocasión.
“O fin e a
razón de ser desta institución é estar ao lado de cada concello, que é a nosa
obriga”, explicou o mandatario provincial.
O presidente
da Deputación recoñeceu que adoitar esta medida supón “un custo financeiro para
a institución provincial, pero podémolo asumir grazas á saneada situación
económica que estamos atravesando”.
5.299.885,11
SERAN REPARTIDOS EN LA COMARCA DE FERROL
Ares (356.208,69); Cabanas (174.685,05); A Capela (34.554,30); Cariño (125.625,24); Cedeira (420.165,72); Cerdido (32.133,69); Fene (828.502,77); Mañón (57.457,11); Moeche (43.633,80); Monfero (72.653,82); Narón (1.772.823,27); Neda (202.088,61); Ortigueira (271.175,28); Pontedeume (329.279,91); San Sadurniño (147.560,67); Somozas (120.516,21); Valdoviño (286.028,73); Vilarmaior (24.792,24).
Ares (356.208,69); Cabanas (174.685,05); A Capela (34.554,30); Cariño (125.625,24); Cedeira (420.165,72); Cerdido (32.133,69); Fene (828.502,77); Mañón (57.457,11); Moeche (43.633,80); Monfero (72.653,82); Narón (1.772.823,27); Neda (202.088,61); Ortigueira (271.175,28); Pontedeume (329.279,91); San Sadurniño (147.560,67); Somozas (120.516,21); Valdoviño (286.028,73); Vilarmaior (24.792,24).
Fuente: Deputación
de La Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario