Celebraranse o xoves e o venres
desta semana no campo de fútbol municipal dos Pinares (Perlío)
O Concello de Fene celebra mañá e
pasado, 18 e 19 de abril, unha nova edición das súas Xornadas de Atletismo
Divertido Escolar coa participación dos colexios Centieiras (Perlío), A
Xunqueira (San Valentín), Os Casais (Maniños), O Ramo (Barallobre) e Jorge Juan
(Perlío).
Arredor de 670 nenos e nenas de
educación primaria do Concello de Fene participarán nesta actividade que se
encadra dentro do Programa de Deporte Escolar correspondente ao curso 2012 /
2013, realizándose en horario lectivo (de 10:00 a 13:30 horas). As Xornadas de
Atletismo Divertido celebraranse este xoves para os alumnos/as do CEIP
Centieiras e do CPI A Xunqueira, e o venres para os do CEIP Os Casais, CEIP O
Ramo e Colexio Jorge Juan.
O obxectivo das Xornadas é os nenos
e nenas coñezan de forma práctica as diferentes modalidades do atletismo, de
xeito lúdico e non competitivo. Para iso, en ningún caso se tomarán anotacións
das diferentes marcas ou tempos realizados. Ao igual que en anteriores edicións,
o Concello proporcionará auga e mazás aos participantes.
Igual que na anterior edición, o
Concello de Fene instalará mañá e pasado no Campo de Fútbol dos Pinares un
circuito continuo, de xeito que todos os nenos e nenas poidan participar
simultáneamente nas diferentes actividades.
Este ano as probas previstas son:
- Salto
lateral
- Lanzamento
de peso (De 4º a 6º)
- Lanzamento
de precisión (de 1º a 3º)
- Gymkana
- Lanzamento
de xabelina
- Salto
de lonxitude
- Carreiras
de velocidade: 60 mts. (de 1º a 3º)
- 60
mts vallas (de 4º a 6º)
- Relevos:
4 x 80 mts.
O concello farase cargo do transporte
do alumnado e de profesorado responsable dende os respectivos centros de ensino ata o lugar de realización
da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario