A Asociación Cultural O Tadetas, quere poñer no seu
coñecemento, que esta Entidade tomou o acordo de anular o Encontro de Artesáns,
como viñamos celebrando estes últimos anos na última semana do mes de abril.
Despois de varios contactos co grupo de goberno deste
concello , para a realización do Evento,
nos propuxeron que realizaramos o Encontro usando soamente a parte de
abaixo do pavillón, para que na parte alta se puideran instalaran os comerciantes de Fene na
realización do seu “oulet”.
Indicar que nun primeiro momento os comerciantes se
instalaban ese mesmo día, nunha carpa no exterior do pavillón, contando co
beneplácito da asociación de comerciantes, con o cal estabamos totalmente de
acordo, xa que sumabamos dúas actividades o mesmo dia e que podería atraer un
maior numero de visitantes.
A nosa sorpresa foi cando xa tiñamos todo preparado para
mandar as invitacións para o Encontro, nos informan que dado o custe que supón
a instalación da carpa, ten que realizarse todo dentro do pavillón,
instalándose os comerciantes na parte alta das instalacións realizando o Encontro
na parte baixa, onde tiñamos que colocar as 700 palilleiras e os 30 vendedores
que veñen todos os anos, (dos cales non podemos prescindir xa que nos supoñen
unha axuda económica da cal non podemos prescindir, xa que sufragan unha parte
do gastos do Encontro), e se mantemos os vendedores teríamos que reducir a
metade o numero de palilleiras.
Polo que lle comunicamos o Concello a nosa renuncia a
realizar o Encontro nesas condicións, sentimos que os acontecementos se
desenrolen deste xeito, pero non esgotamos a posibilidade de poder realizar
dita actividade nos vindeiros anos, nas
condicións de sempre
No hay comentarios:
Publicar un comentario