No mes de marzo continúa a actividade na sala de exposicións da Casa da
Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22). Desta vez, o protagonista será o
pintor ferrolán, Miguel D. Vidal, cunha exposición titulada “Mesturas”. A
mostra inaugúrase este venres, 8 de marzo, ás 19 horas e
permanecerá na Casa da Cultura de Fene ata o vindeiro 22 de marzo. O
horario de visitas será de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a
21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.
Nesta exposición de pintura, Miguel
Díaz Vidal amosa ao redor dunha trintena de óleos pertencentes a distintas
etapas da súa traxectoria artística. Díaz Vidal comezou a pintar na década dos
oitenta, da man do mestre ferrolán Juan Galdo. Dende aquela leva participado en
numerosos certames e exposicións individuais colectivas por todo o país.
A súa obra salienta “polo dominio da
cor en estado puro” e polo continuo achegamento do artista ao mundo da natureza
(paisaxes, árbores, flores, mares, etc.), seguindo a liña do expresionismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario