viernes, 1 de marzo de 2013

“Caballito hop”, sesión de contacontos para bebés na biblioteca municipal de Fene



A biblioteca municipal “Xosemaría Pérez Parallé” conmemora o vindeiro luns o seu 30 aniversario cunha sesión de contacontos para bebés a cargo de Soledad Felloza. A actividade, titulada “Caballito Hop”, vai dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Desenvolverase o luns, 4 de marzo, a partir das 18 horas.
  
En “Caballito hop”, "Valentín soña con sair do carrusel onde día a día pasea a tantos nenos. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá. A lúa, que sabe dos seus soños, unha noite faralle un agasallo especial”.

Con esta sesión se inician os actos de celebración do 30 aniversario da biblioteca municipal de Fene "Xosémaría Pérez Parallé", “convidando  aos usuarios do futuro a que coñezan esta instalación municipal e a que desfruten coas súas familias dunha tarde de contos”.
            A biblioteca municipal de Fene está ubicada no primeiro andar da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22. Fene). O horario de apertura é de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. En períodos de vacacións escolares, o horario é de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario