viernes, 8 de febrero de 2013

O PLENO DE FENE PIDE POR UNANIMIDADE A COMPARECENCIA DA PORTAVOZ DO PP PARA EXPLICAR AS IRREGULARIDADES DETECTADAS NAS FACTURAS DE EULEN


A petición de comparecencia ante o Pleno da portavoz popular por parte do BNG non estivo exenta de polémica a pesar da unánime votación final. Para os nacionalistas de Fene non podía ser doutro xeito, dar explicacións ante o Pleno cando este o demanda.

A portavoz popular amosou certa ansiedade cando se presentou a moción pola vía de urxencia. Dixo, no Pleno, descoñecer as preguntas rexistradas polo BNG o pasado 21 de decembro en relación á facturación de Eulen e doutras empresas.

A cuestión  que non está clara para o BNG é se houbo ou non un trato de favor cara a empresa EULEN á hora de adxudicar  o concurso de limpeza conserxería e mantemento das instalacións deportivas do concello de Fene.

Os indicios cos que contamos os nacionalistas veñen dende o propio momento de adxudicación. Sistema de poxa a menor prezo que dubidamos dende o primeiro momento que cubrise os custes do servizo a contratar. Deficiencias no primeiro mes de traballo no que non utilizaron, por exemplo, máquina varrefondos na piscina xerando molestias e suciedade. Por último unha facturación extraordinaria no mes de agosto sen explicación aparente.

O contrato realizado en xuño de 2012 ascendeu a 171.000€ e no mesmo se encargaba a empresa EULEN da limpeza, mantemento e conserxería de todas as instalacións deportivas do concello.
O portavoz nacionalista Manuel Polo, agarda “ que todo teña unha explicación lóxica e axustada ás necesidades do concello”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario