Dezanove
comparsas participarán este ano no desfile de Entroido que se celebrará no
Concello de Fene o vindeiro 13 de febreiro, Mércores de Cinza e festivo local
no Concello de Fene. As agrupacións que se inscribiron e que tomarán parte no
día grande do Entroido fenés son: Os vampiros de Centieiras, Os zombies de
Centieiras, Os colludos, Os Argalleiros, A canteira, A revolta de Trasancos, Os
parrandolos, Os trasgos, Xuntanza amigos da xoldra coruñesa, Os juasaps, Escola
Mario Escudero, Os Xunquiños, Carpe Diem, Woody y los vaqueros, Os seres
fantásticos de Centieiras, Os scratchados, Euxa-Narón, Revuelto de frutas e O
cadro flamenco de Xeriatros Ferrol.
As
actividades do Entroido 2013 no Concello de Fene comezarán xa a víspera, o martes 12 de febreiro, cunha festa
infantil que se desenvolverá na Praza do Concello de 17.30 a 20.30 horas.
Animará esta festa o grupo Nueva Onda (con música, luces, pompas de xabrón e a
presenza -ao final- dos populares personaxes Bob Esponja e Patricio). Ademais, no
descanso, ofrecerase a tradicional Degustación de Lambetadas do Entroido para
todos os nenos/as participantes.
Xa
o mércores, 13 de febreiro,
celebrarase o desfile e posterior festival de comparsas. As agrupacións
participantes concentraranse ás 17.30 horas na rúa Río Cádavo (Perlío) e, a
continuación, desfilarán -acompañadas pola Charanga Ruada- por Avda. Marqués de
Figueroa, Cruce de Fene e Avenida Naturais. O percorrido finalizará na Praza do
Concello onde se celebrará o Festival, coa actuación das comparsas Escola Mario
Escudero, Os Xunquiños, Carpe Diem, Woody y los vaqueros, Os seres fantásticos
de Centieiras e Os Scratchados.
A
continuación procederase á lectura do testamento, á queima do boneco e á sesión
de fogos de artificio. Para rematar, ao redor das 21 horas comezará o baile coa
orquestra Os Satélites.
No hay comentarios:
Publicar un comentario