Dende que na última Comisión Informativa de Cultura celebrada a principios
de decembro, por parte da concelleira non se informase á oposición das
actividades relacionadas có Nadal, amosando dita concelleira en todo momento
unha falta de atención ó que acontecía na Comisión, na Comisión celebrada este
venres día 4 de xaneiro a tónica sigue a ser a mesma. A falta de xestión da
concelleira fai que se traian á Comisión as actas das comisións celebradas
dende febreiro de 2012, omitindo marzo e xuño. Isto quere dicir que, no
transcurso deste año, só se aprobou a acta correspondente á comisión
informativa do mes de xaneiro. As actas non reflicten a realidade do debatido
nas comisións, polo que a oposición non as aprobou, e mesmo quedou en enviar un
escrito conxunto ó equipo de goberno, sinalando os erros que se atoparon nas
mesmas.
No que se refire á información sobre todos os actos do Nadal, a concelleira
limitouse a dicir que das actividades deportivas xa as tiña informado na pasada
comisión, dicindo que as culturais, como estaban sen concretar, non se puidera
informar. Dou conta dun festival celebrado na igrexa de Magalofes en datas
pasadas, festival do que algúns membros da oposición souberon porque os seus
fillos participaban nel, pero sen saber que era organizado polo concello.
Como a súa dación de contas quedouse aí, foi preguntada pola voceira do
PSOE sobre a cabalgada de Reis. Informou brevisimamente pasándolle a palabra ó
concelleiro de persoal, manifestando que el estaba máis ao tanto que ela, xa
que este ano todos os membros do equipo de goberno colaboraban na organización
de dito festival, polo que non entendía porque se lle pedían explicacións a ela
e non se pedían noutras comisións.
Tanto a voceira do BNG, como a do PSOE, como a de EU, pediron que así constase
en acta, a información que veñen demandando en todas e cada una das comisións
de cultura que se levan celebrando dende que o PP está no goberno, xa que estas
comisións son un auténtico despropósito. A concelleira non fai o seu traballo e
cando non ten resposta, improvisa ou, moi na súa forma de non admitir nunca un
erro, non ten reparo en culpar dos mesmos ós funcionarios ou incluso ós propios
compañeiros de grupo.
Os carteis da cabalgata foron redactados en castelán e repartidos por todo
o Concello. Logo de advertir o erro, se cambiaron por outros redactados en
galego. A cabalgata de Reis, o mesmo que o ano pasado, non se organizou
contando coas entidades sociais e veciñais, nin contempla percorrer as
parroquias do concello, senón que se limita ó casco urbano. Este feito xa foi
criticado o ano pasado por toda a oposición, e a resposta da concelleira foi
que “mentres eu goberne a cabalgata de reis só se vai facer no casco urbano”,
feito que rexeita toda a oposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario