viernes, 7 de diciembre de 2012

II CONCURSO ESCAPARATES NADAL 2012 CONCELLO FENE

 Tienda de labores A Xoaniña
A tenda de labores A XOANIÑA, situada na Avenida Marqués de Figueroa, foi a gañadora do II CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL DE 2012 CONCELLO DE FENE.

O pasado día 5 un xurado profesional recorreu os dezaséis escaparates participantes para valorar as decoracións e elexir o local gañador. A propietaria do local gañador foi a encargada de acender ás 21 horas o alumeado de Nadal nun acto que contou coa presencia do alcalde, Gumersindo Galego, o concelleiro de Promoción Económica Juan José Franco e outros representantes da Corporación municipal así como das asociacións vecinais

O alumeado de Nadal no que ao igual que o ano pasado se aposta pola orixinalidade e o aforro enerxetico estará acendido ata o día de Reis.

Os clientes todavía poderán votar ata o día 24 deste mes polo escaparate que mais lles guste, optando así a participar no sorteo de 2 vales por valor de 20 euros nunha iniciativa co que se espera animar aos veciños a mercar no seu Concello e incluso despertar o interese de veciños doutros concellos limítrofes.

O escaparate gañador por votación popular darase a coñecer o día 27 deste  ás 21 horas no local da Asociación de Veciños de Perlío sita na plaza da Escola. Tamén se procederá a realizar o sorteo dos 2 vales entre todolos clientes que depositaran o voto antes do día 25  nas urnas situadas ao efecto en cada un dos dezaseis locais participantes.

Compartir

No hay comentarios:

Publicar un comentario