viernes, 21 de diciembre de 2012

NOTA DE PRENSA VIOLENCIA DE XÉNERO EN FENE



Os Grupos Políticos do PP, PSdeG-PSOE, BNG e EU do Concello de Fene
queremos condear a morte dunha muller deste municipio, supostamente a
máns da súa parella. Este novo  caso ten producido unha especial
repulsa por ser nai de dous nenos e o terceiro que se produce neste
ano na comarca, cifra absolutamente anormal  en Ferrolterra.

Cada nova morte por violencia de xénero nos fai reclamar con máis
forza que non hai que deixar ningún esforzó no camiño de combatir a
violencia machista con todos os recursos posibles por parte dos
poderes públicos (lexislativo, desenvolvemento da Lei Integral contra
a Violencia de Xénero, acompañada da sensibilización, prevención,
información e protección efectiva das victimas potenciais, para que
non teñamos que seguir lamentando mortes e agresións.

A violencia de xénero hai que combatila dende todos os ámbitos e con
todas as ferramentas dispoñibles, e todos e todas temos que
comprometernos frente a ela, dende a sociedade e dende as
instituciónnes.

A violencia de xénero é froito da desigualdade que todavía sufren as
mulleres, polo que reclamamos o impulso da igualdade das mulleres en
todos os ámbitos da sociedade, debemos garantir unha educación non
sexista e a igualdade real e efectiva nas relacións entre as persoas.

É fundamental que se manteñan as políticas de igualdade, que se
impulsen plans de fomento do emprego femenino e a corresponsabilidade
da vida familiar e laboral, que se garantan os dereitos das mulleres,
que son imprescindibles para manter a convivencia en igualdade.

Finalmente queremos manifestar a nosa solidariedade cos familiares da
muller asasinada.

Compartir

No hay comentarios:

Publicar un comentario