viernes, 28 de diciembre de 2012

Diego Calvo aplaude a xestión do alcalde de Fene, que en só ano e medio puxo en marcha todas as obras dos plans pendentes da Deputación


O goberno presidido por Gumersindo Galego tramitou obras por preto de 2,3 millóns de euros, procedentes dos Plans de Obras e Servizos provinciais aprobados dende o ano 2007


27/12/2012
Sobre o terreo, Calvo comprobou que a maior parte dos proxectos postos en marcha polo actual goberno municipal con fondos provinciais están a piques de rematar e salientou que “Gumersindo Galego foi quen de dar saída a sete plans da Deputación en pouco máis de ano e medio de mandato, xa que ningún deles tiña empezado cando el gañou as últimas eleccións municipais”.
En concreto, tal e como corroborou tamén o mandatario local, no último ano e medio comezaron (e en moitos casos remataron) as obras incluídas no Plan de obras e servizos dos anos 2007, 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012, así como as actuacións aprobadas para o Plan de cooperación cos concellos do ano 2011.
Todas estas actuacións suman un investimento de preto de 2,3 millóns de euros e todas estas actuacións, segundo explicaron Calvo e Galego, “estaban sen empezar”, polo que, tal e como puntualizou o alcalde, “existía un risco serio de que se perderan as axudas, algo que non nos podemos permitir nestes tempos e que non entendemos como o anterior goberno deixou sen facer”. Nesto senso, quixo agradecer o traballo feito tamén polo concelleiro de obras, Alejandro Dopico, xa que “se entregou dende o principio do mandato en dar saída a todas estas actuacións”

Obras pendentes dende o ano 2007

Por iso, un dos primeiros obxectivos do goberno de Gumersindo Galego foi reconducir todos os proxectos pendentes dende o ano 2007 e dar saída a todos os plans provinciais que permanecían á espera da súa tramitación e que inclúen as seguintes obras:
  • POS 2007: Dotación de servizos e pavimentacións no núcleo de Fene, cun importe de licitación de 325.881,69 euros. Esta obra está rematada.
  • POS 2008: Pavimentación Tras do Río e Lameira, e acondicionamento e pavimentación de varios camiños no núcleo de Fene, cun importe de 270.962 euros e practicamente finalizado.
  • POS 2009: Pavimentación de camiños en Carqueixa-Punxeiro, e mellora da seguridade viaria na avenida Marqués de Figueroa. Estas obras, cun importe de licitación de 311.382,62 euros, están tamén rematadas.
  • POS 2010. Asfaltado da travesía Vrea e rúa Penedo; abastecemento no Campanario e no Pereiro e saneamento no Redondo por un importe de 295.606,61 euros. Estas obras están a piques de concluír.
  • POS 2011. Abastecemento na rúa Unión, no camiño do Terreiro e no camiño de Ponte da Pedra (Maniños); saneamento na rúa Igrexario en Limodre, saneamento na estrada de Laraxe e saneamento e impulsión na Garita de Mariños cun orzamento de 269.214,89. Atópase en proceso de finalización.
  • POS 2012. Abastecemento e aglomerado do camiño da Igrexa Vella (Maniños), e pavimentación e saneamentos na avenida do Mar. Estas obras contan cun importe de 120.000 euros, xa que o goberno municipal, neste caso xa dirixido por Gumersindo Galego, decidiu destinar preto do 60% do total do plan a gasto corrente.

Plan de cooperación cos concellos
Ademais dos plans de obras e servizos que estaban paralizados, o Concello de Fene tamén tramitou neste ano e medio de mandato os expedientes das tres obras incluídas no Plan de cooperación dos concellos do ano 2011 que, ao igual que sucedera co POS, estaba sen iniciar.

Neste caso, “tamén o atraso herdado do anterior goberno municipal”, segundo explicou o alcalde, afectaba á renovación da rede de abastecemento de auga da Rúa Alta e a estrada da Torre, da avenida Naturais e a rúa da Fraga e ao saneamento e abastecemento en Bouza da Pena, en Maniños. En total, este plan supón un investimento procedente da Deputación de 696.345,45 euros.

Resolto o POS do ano que vén

Tamén durante a visita desta mañá das obras que se están a realizar no centro de Fene, o alcalde confirmoulle ao presidente da Deputación que xa entregou toda a documentación para o Plan de obras e servizos do ano que vén. Neste caso, o Concello incluíu o saneamento en Laraxe-Souto de Cal, en Limodre, cun importe de 44.000 euros; e a pavimentación na área de San Valentín, por 60.000 euros. O resto do orzamento correspondente a Fene irá destinado a gasto corrente. “No orzamento do 2013 temos que deixar unha provisión de fondos para as obras de conexión á depuradora de residuais de Chanteiro, e imos utilizar os cartos do POS para iso”, explicou Gumersindo Galego.


Compartir

No hay comentarios:

Publicar un comentario