Equipo organizador
Dende o Luns dia 15 de Outubro ata o sábado dia 24 de Novembro dia da final, na cancha de chave que este bar ten en Vilanova (Sillobre),veuse celebrando o penúltimo dos chamados trofeos de vran. Este e o XV Torneo que se ven facendo ininterrumpidamente en este establecemento,que o converte nun clásico dos torneos de chave que cada ano se celebran en Ferrolterra que xunto con outros promotores e sociedades, convirtense nos dinamizadores deste deporte tradicional e pasan a ser unha ferramenta importante e unha das claves do exito que hoxe en dia disfruta este deporte.
Organizado polo equipo de chave Lúa Nova, a participación este ano foi de 22 equipos e con unha inscripción media de 95 chaveiros procedentes dos distintos concellos de Ferrolterra,unha vez coñecido o número de equipos participantes e feito sorteo para o emparellamento dos mesmos
formaronse dous grupos de catro equipos e dous grupos de tres, clasificandose dous equipos de cada grupo na 1ª fase , doce para cuartos de final, seis para semifinais e tres equipos que xogaron a final.
Despois da celebración do sorteo os grupos quedaron configurados da seguinte forma :
- *Grupo A: O´Pazo, Cruceiro”B”,Brión”B” e Xomar.
- *Grupo B : Lúa Nova ,Mandiá, Catro Camiños e Pintegas Canosa.
- * Grupo C : Tilocha, Santa Catalina, San Martiño e Ambigú C.P.S.
- *Grupo D : San Pablo, Brión”A”, Cruceiro”A” e Encontros Cociña.
- *Grupo E . Picas, Punta Avarenta e O´Fumazo.
- *Grupo F : Camiño do Penedo, Outeiro, e Limodre.
O´Pazo / Catro Camiños, Ambigú C.P.S.,/ Cruzeiro”A”, O´Fumazo / Outeiro, Cruceiro”B” / Lúa Nova, San Martiño / Brión “A”e Picas / Limodre.
Destes doce equipos pasaron a xogar semifinais,
O´Pazo / Ambigú, C.P.S., Outeiro / Cruzeiro”B” e Brión “A”/ Limodre, quedando en esta ronda clasificados para xogar a final O´Pazo con 83 chaves e 4 puntos, o Outeiro con 75chaves e 3 puntos e o Brión”A”que realizou 78 chaves e 4 puntos.
A clasificación final quedou da seguinte forma :
- *1º .- Brión “A”, con156 chaves.
- *2º .- Outeiro con 146 chaves.
- *3º .- O´Pazo con 146 chaves.
- *O´Pazo / Brión “A” = 37+40, 35+42.
- *Outeiro / Brión “A” = 39+37, 31+48.
- *O´Pazo / Outeiro = 37+32, 31+39 .
O maximo chaveiro da final foi Chao do Outeiro con 62 Chaves
A entrega de trofeos foi realizada polo alcalde de Fene, Gumersindo Galego, Rocio Bertoa concelleira de Deportes,Andres Serantes concelleiro de Servicios, Juana Barro concelleira de Servicios Sociais e Enrique Sanfiz, director de Radiofusión
Rematouse este evento con unha degustación ofrecida polo Bar Lúa Nova a todo-los asistentes.
Jaime Iglesias
Trofeos
Compartir
No hay comentarios:
Publicar un comentario