martes, 20 de noviembre de 2012

I Trofeo de Karate de Promoción “Concello de Fene”



O pavillón polideportivo da Xunqueira acolle este sábado, 24 de novembro, de 16:30 a 19:30 horas, o I Trofeo de Karate de Promoción “Concello de Fene”. O obxectivo desta actividade é “promocionar o coñecemento e a práctica do karate entre os máis novos nunha xornada de convivencia para os practicantes deste deporte”.

Ao redor de 170 nenos/as tomarán parte no I Trofeo de Karate de Promoción “Concello de Fene”. No devir da xornada haberá demostracións de kata individual (nivel mínimo libre) en categorías alevín e infantil, masculino e feminino.
O Club Artes Marciales Fene organiza este trofeo co patrocinio do Concello de Fene e a colaboración da Federación Galega de Karate.
Máis información no teléfono 617784336

No hay comentarios:

Publicar un comentario