Membros do xurado
O
xurado, reunido na tarde do pasado venres na Casa do Concello de Fene, acordou,
por maioría, proclamar finalistas desta XXX edición, as novelas presentadas
baixo o título: Dióxenes en Dolorida
e Tara.
Na tarde do pasado
venres, 23 de novembro, reuniuse na Casa do Concello de Fene o xurado encargado
de fallar a trixésima edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor
presidido pola Concelleira de Cultura, Rocío A. Bértoa Puente e formado por
Xosé Mª Dobarro Paz (catedrático da Universidade da Coruña), Miro Villar (poeta
e crítico literaio); Marga Romero (escritora e crítica literaria) e Manuel
Lourenzo González (escritor e gañador da anterior edición do Blanco Amor),
actuando como secretario o coordinador técnico do Premio, Daniel Romero.
O Xurado salientou
a participación das cincuenta e catro obras que concorreron a esta XXX edición,
deixando constancia do importante incremento de participantes, o que provocou
unha longa deliberación previa e que dá a medida do interese e importancia da
convocatoria do Premio de Novela Longa “Eduardo Blanco Amor”.
Logo das oportunas deliberacións, o Xurado acordou proclamar,
por maioría como finalistas desta XXX edición, as novelas presentadas cos
títulos: Dióxenes en Dolorida e Tara.
A entrega do
Premio terá lugar o vindeiro sábado, 1 de decembro, no decurso dunha gala que
se desenvolverá no local da SCRD Agarimo de Sillobre e que contará coa
actuación do grupo de jazz Cool Hamnster
No hay comentarios:
Publicar un comentario