A mostra inaugúrase este venres ás 20 horas na
Casa da Cultura de Fene
Dezaoito ilustradores/as
de primeiro nivel participan na nova exposición promovida polo Museo do Humor
de Fene dentro dos actos organizados polo Concello de Fene ao redor da
convocatoria da 30ª edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor. A
mostra, comisariada polo debuxante Siro López, amosarase na Sala de Exposicións
da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22) do 2 ao 23 de novembro.
Poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00
horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas. A inauguración será este
venres, 2 de novembro, ás oito do serán.
A
“Exposición-Homenaxe a Blanco Amor” está estruturada en dous grandes bloques: caricaturas de Blanco Amor e
ilustracións relativas a personaxes ou anacos da obra de Don Eduardo. Os
debuxantes que participaron neste proxecto (de maneira totalmente altruísta)
foron: Aida Alonso, Almudena Aparicio, Calros Silvar, Dani Padrón, Idoia de
Luxán, Nachortas, Pablo Otero, Pinto e Chinto, Xan Carpente, Xosé Cobas, Xosé
Lois, Siro, Santy Gutiérrez, Michel Casado, Augusto Metztli, Gonzalo Vilas,
Jaime Asensi e Miki.
Unha vez
rematada a exposición, o Museo ofrecerá aos concellos patrocinadores do Premio
e ás entidades interesadas a itinerancia gratuíta da mesma (só terán que aboar
os gastos de transporte e seguro) até finais de 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario