A anunciada negativa do BNG de apoiar a subida da taxa da
recollida do lixo e do imposto de rodaxe de vehículos foi a tese mioritaria do
pleno do concello de Fene celebrado hoxe. O resto da oposición tamén se opuxo á
subida polo que o alcalde popular, Gumersindo Galego, retirou o asunto da orde
do día impedindo que se votasen ambos asuntos. Para o BNG é sorprendente que
logo de convocar un Pleno sen ter feito o traballo previo de estudo das
ordenanzas fiscais chegado o punto da
orde do día sexan retirados os asuntos para non sufrir unha derrota e quedar de
manifesto a falla de competencia do goberno local.
O Alcalde actúa demagóxicamente cando “vendeu” a
conxelación de taxas e impostos para este ano e todos podemos ver os recibos da
contribución que teñen subas do 9% que implican entre 20 € dun piso de 40 anos
en San Valentín e os 50 € dunha vivenda unifamiliar de 10 anos. Para o BNG este
é o momento da sensibilidade de cara as persoas desempregadas, xubiladas que
lle conxelan as pensións e taballadores
que ven reducidos os seus salarios, polo que as medidas deberían ir na liña
contraria á da subida a discreción e que para o BNG pasaría por unha política
fiscal progresiva e redistributiva.
Ademais deste asunto o concelleiro de facenda elevou ao
pleno dúas propostas máis como foi a derogación da ordenanza forestal e a
declaración de indisponibilidade dos cartos procedentes da paga de Nadal do
persoal do Concello. As dúas propostas foron rexeitadas polo conxunto da
oposición. No asunto da orfenanza forestal pedimos desde o BNG que se elborara
unha nova proposta antes de derrogar a existente. No tema da declaración de non
dispoñibilidade do diñeiro destinado á
paga de Nadal, os nacionalista opuxémonos a esta medida e reclamamos o
cumprimento do acordo plenario no que se aprobou a compensación da paga de
nadal. O
PP foi incapaz de explicar os motivos desta proposta que non xeran
beneficio algún nin para os veciños nin para o persoal municipal. Para o
portavoz nacionalista, Manuel Polo "detrás desta medida ocúltase a intención de engordar ás
aseguradoras a través dos plans de pensións xerando liquidez no sistema
financieiro á conta do persoal ao servizo da administración".
No hay comentarios:
Publicar un comentario