As
poetas Dores Tembras e María Rosendo e o tamén poeta e editor Miguel Anxo
Fernán Vello formarán o xurado encargado de fallar a XXV edición do Premio
Nacional de poesía “Xosemaría Pérez
Parallé”.
O CMI Unidade de Fene, como entidade
organizadora do XXV Premio Nacional de Poesía “Xosemaría Pérez Parallé” ven de
nomear o xurado encargado de fallar esta edición do certame, xurado que estará
formado por Dores Tembrás, María Rosendo e Miguel Anxo Ferán Vello.
Miguel
Anxo Fernán Vello.
Poeta e editor. É un dos membros máis destacados da xeración poética galega de
final de século. Autor dunha importante obra poética, incursionou tamén polos
carreiros do teatro e a narrativa. Obtivo en dúas oportunidades o Premio da
Crítica Española, ademais doutros galardóns como o premio Esquío, o González
Garcés ou o Cidade de Ourense. En 1991 funda a editorial de poesía Espiral
Maior, selo de referencia para a historia da poesía galega contemporánea que
edita cada ano os libros gañadores do Premio Nacional de Poesía “Xosemaría
Pérez Parallé”.
Dores
Tembrás. Doutorada en
filoloxía hispánica cun estudo sobre a poeta arxentina Alejandra Pizarnik, esta
escritora nada en Bergondiño (Bergondo) en 1979 comezou a publicar algo tarde
para o que é máis habitual no noso ámbito pero logo obtivo un importante
recoñecemento. O seu primeiro libro, O
pouso do fume, foi finalista dos premios da Asociación de Escritores en
Lingua Galega. Ten publicadas, ademais, obras nas que dialoga coa expresión
plástica como Alentos ao vacío (en
colaboración co pintor Manuel Suárez) ou Esquiagrafías (na Revista das Letras).
María
Rosendo. Poeta
viguesa, gañadora da XXIII edición do Premio Nacional de Poesía “Xosemaría
Pérez Parallé” co seu libro Nómade. É
licenciada en filoloxía inglesa e en educación social.
O xurado terá que escoller entre un
total dos 35 poemarios presentados a esta edición do Premio, cuxa entrega terá
lugar o vindeiro 17 de novembro nunha gala que se desenvolverá nas instalacións
do CMI Unidade de Fene e que contará cunha actuación do “Coro da Rá” e cun
recital poético cos gañadores e gañadoras de anteriores edicións.
Nesta XXV edición, o Premio contará
por vez primeira de dotación económica (500 euros) ademais dunha escultura obra
de Francisco Xosé Pérez Porto e a edición do poemario na editorial Espiral
Maior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario