martes, 2 de octubre de 2012

FOTO DENUNCIA


 1 Punto de Recollida de Aceite da Fonte do Campo (Fene)

2 Punto de Recollida de Aceite das Chancas (Perlio)

O PSdeG-PSOE de Fene Denuncia o Estado de Abandono dos Puntos de Recollida de Aceite Domestico


O Grupo Municipal Socialista de Fene esixirá no pleno do vindeiro xoves unha solución inmediata ós novos vertedoiros incontrolados nos que se están a converter os puntos de recollida de aceites domesticos.


Despois de algo máis de 3 anos da súa implantación no Concello de Fene, a maioría dos 10 puntos de recollida de aceites de uso domestico (Magalofes, na AVV de Veciños; Fene, na Fonte do Campo e na rúa Alta; En Perlio, na rúa do Perla e no Camiño das Chancas; En San Valentín, no Bolque 14; en Barallobre ó lado do instituto e no peirao; en Maniños, na zona do Campo de futbol e en Limodre na estrada a Cabanas) estanse a converter en novas zonas degradadas.

A gran demanda de uso destes puntos por parte da veciñanza, acompañada pola deixadez e ineficacia do actual goberno municipal do Partido Popular no seu mantemento está a converter está actuación nunha nova preocupación medioambiental no Concello de Fene.

O anuncio da mellora dos puntos de recollida de aceite, realizada hai uns meses, polo Concelleiro de Servizos, a través da instalación de novos contenedores e dun novo sistema de xestión do puntos de recollida de aceite doméstico tense convertido nunha máis das mentiras do Partido Popular en Fene.  Tense convertido nun fracaso máis da xestión da dereita no Concello de Fene.

O Grupo Socialista do Concello de Fene esixirá no pleno do vindeiro xoves día 4 de outubro o adecentamento inmediato dos Puntos de Recollida de Aceite Domestico e a presentación na vindeira comisión informátiva dun plan realista de mantemento axeitado destas instalacións. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario