Desde a dirección do grupo CLAXXON queremos facer público o cambio da nosa axencia de representación para a próxima tempada 2012 - 2013. Pasamos a formar parte do catálogo de formacións representadas pola empresa "Espectáculos LITO". Queremos agradecer publicamente á empresa Espectáculos SITO, e en especial a Sito Mariño, Remedios, Irene, Yolanda, así como a todos os seus axentes colaboradores, que dalgun xeito nos apoiaron nesta tempada.
Comezamos esta nova etapa con gran ilusión, e tentaremos levar o noso grupo CLAXXON ao máis alto.
Para iso contaremos coa mesma formación: Roberto Lorenzo, Edgar Vero, Pablo Morán, Guillermo Lamelas, Miguel "Alakrán" e Jacobo González, así como Tino Pérez e Juan "Rallo" na parte técnica, Manuel Méndez no "Management" e Edi Márquez no apartado de relacións públicas.
Desde CLAXXON queremos seguir contando co voso apoio e agarimo, como demostrastes até o momento. Que sen iso o noso traballo non tería sentido. Traballamos para vós.
Saúdos e boa música.
Grazas a todos.
Martes, 16 de outubro de 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario