lunes, 1 de octubre de 2012

CHEGA A FENE A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “CIDADES AO PASO” DE RAMÓN IRIBARNEGARAY


  
A mostra inaugúrase este mércores, 3 de outubro, ás sete e media do serán na Casa da Cultura

A exposición “Cidades ao paso” de RAMÓN IRIBARNEGARAY amosarase do 3 ao 20 de outubro na Sala de Exposicións da Casa da Cultura (Avda de Conces, 20-22). Poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.
Ramón Iribarnegaray é fotógrafo, debuxante e pintor. Realizou estudos de fotografía e debuxo na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos “Mestre Mateo” de Santiago de Compostela. Na súa faceta de pintor, defínese como autodidacta, aínda que tamén recibiu formación do artista Pedro Bueno na Coruña. 
Ten acadado numerosos premios: 1º Premio no Certame de Debuxo Artístico “Cidade de Santiago de Compostela”, en 1962; 3º Premio no VII Certame Fotográfico de Bergantiños, en 1984; 3º Premio no I Certame de Pintura “Olladas de Galicia”, en 2007, etc. Tamén participou en diversas exposicións individuais e colectivas, tanto de pintura (na Biblioteca González Garcés, Palexco, Sala de Cultura Miguel de Cervantes de A Coruña, etc.) como de fotografía (no Concello de Arteixo, Macuf, Muíños de Culleredo, Forum Metropolitano de A Coruña, Fundación NovaCaixaGalicia de A Coruña, etc.)
Na actualidade é membro da Asociación de Fotografía “Posición B” de A Coruña e da “Asociación de Artistas Plásticos Galegos” (A.R.G.A.)
Máis información sobre o fotógrafo no seu blog “O mundo visto a través do meu obxectivo” en http://ramon-iribarnegaray-saburido.blogspot.com.es/  

No hay comentarios:

Publicar un comentario