martes, 25 de septiembre de 2012

Últimos días para presentar orixinais ao XXX Premio de Novela Longa “Eduardo Blanco Amor”


Poderán concorrer ao premio, dotado con 12.020 euros, todos os autores e autoras, de calquera nacionalidade, que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial.

As novelas a concurso terán que ser inéditas e cunha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño de fonte 12) a unha soa cara e a dous espazos ou de 75 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño de fonte 12) a dúas caras e a dous espazos.

            De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite dirixido á concelleira de Cultura do Concello de Fene, Avenida de Naturais, 44, entrechán, 15500 Fene, facendo constar no exterior «Para o XXX Premio Blanco Amor». Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico.

            O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 28 de setembro de 2012. O ditame do xurado darase a coñecer no mes de novembro de 2012. A entrega do premio terá lugar o vindeiro 1 de decembro de 2012, nun acto público que se convocará oportunamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario