jueves, 6 de septiembre de 2012

O MUSEO DO HUMOR ACOLLE DURANTE O MES DE SETEMBRO A EXPOSICIÓN “HUMORIS CAUSA” DA DEBUXANTE SEX



A  mostra, que inclúe unha colección de caricaturas e diversos debuxos humorísticos, poderá visitarse na Casa da Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22) dende mañá venres ata o vindeiro 30 de setembro en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas. Este horario entrará en vigor a partir do vindeiro mércores 12 de setembro. Mañá venres e o luns e martes da vindeira semana mantense o horario de verán, de 10:00 a 14:15 horas.

Apuntamentos sobre a artista MARÍA JOSÉ MOSQUERA BECEIRO (SEX)

Nace en Ferrol, estuda Maxisterio e Artes Aplicadas en Lugo. Mestra e humorista gráfica, ten varios premios nacionais e internacionais, ademais de que colabora con viñetas en varias revistas e xornais galegos.
É a ilustradora dun novidoso proxecto de cómic para nenos/as de entre 8 e 12 anos que constará de varios tomos sobre historia da arte.
Realizou un cómic para nenos/as de 1º e 2º de primaria sobre o medio ambiente mariño, a biodiversidade e as praias da ría de Ferrol (dende Cedeira ata Pontedeume), titulado “Viaxe do cabaliño de mar”, publicado pola Editorial Embora.

Premios e exposicións:

. Exposición individual titulada “Humoris Causa” na Galería Sargadelos de Ferrol – 2010.
. Premio “Tino Gatagán” no “19º Concurso Nacional de Cómic” que organiza a concellería de Cultura do Concello de San Andrés del Rabanedo (León) – 2009.

. 3º Premio Humoris Causa na “Biennale Internazionale di Humor Gráfico”: “Vino, humor e fantasía” (Italia) – 2008
. 2º Premio na Categoría D – Profesional- no “18º Concurso Nacional de Cómic” que organiza a concellería de Educación e Cultura do Concello de San Andrés del Rabanedo (León) – 2008.
. 1º Accesit no “III Concurso de Humor Gráfico de Santomera” 2008 co tema “Tolerancia Intercultural” (Santomera, Murcia) – 2008.
. Special Appreciation no “2nd Internacional Car Caricature” (Zagreb) – 2008.
. Mención Especial no “12th International Cartoon Exhibition” (Zagreb) – 2007.
. Mención de honra no “European Cartoon Contest” (Portugal) – 2007.
. Premio “Notario del Humor 2007”, concedido pola Universidade de Alacante – 2007.
. 2º Premio no “3º Certame de Ilustración e Cómic Ecolóxico” do Departamento de Medio Ambiente de CCOO e o Concello de Zaragoza – 2006.
. 3º Premio no “Concurso de Cómic e Medioambiente” convocado pola Universidade de Valencia e a Fundación Mapfre – 2006.
. Exposición individual “Mostrarte”, na sala de exposicións do Concello de Mugardos – 2006.
. 2º Premio no “2º Certame de Ilustración e Cómic Ecolóxico” do Departamento de Medio Ambiente de CCOO e o Concello de Zaragoza – 2005.
. 3º Premio do Concurso de Tiras “Historietas contra el sexismo”, organizado polo Concello da Coruña – 2005.
. Bronce Price no “The 2nd Wine International Cartoon Exhibition” (China) – 2005.
. Mención especial no “11th International Cartoon Salon Cvorak 2004” (Croacia) – 2004.
. 1º Premio no Concurso de Cómic “Fábulas Medioambientales”, organizado pola editorial Saure e a conseguinte publicación “Pulpo Ficción” (Legutiano, Álava) – 2004.
. 1º Premio no Concurso de Pintura e Deporte” (Ferrol) – 2004.
. 3º Premio no Concurso de Cómic “4ª edición do Premio Internacional de Cómic Ecolóxico Ipcena” (Lleida)
. Premio en “Humour et vigne” (Jonzac – Francia) – 2004.
. “Price for excellence” no “China LM Internacional CArtoon Exhibition 2004” (China) – 2004.
. 1º Premio de ilustración no Concurso “La Ballena” (Parla, Madrid) – 2003.
. 2º Premio de cómic no Concurso “La Ballena” (Parla, Madrid) – 2003.
. 3er premio no “9º Medunarodni Salon Karikature Cvorak” (Croacia) – 2003.
. 1º Premio do Concurso de Carteis “XIII Festa do Pulpo” (Mugardos) – 2003.
. 1º Premio no “Debuxo Humorístico – Musical de Sober” (Sober, Lugo) – 2003.
. Exposición individual “7 anos de humor” no Ateneo Ferrolán (Ferrol) – 2002.
. 1º Premio logotipo ximnasio “Bellas Kim” (Cedeira) – 2002.
. 1º Premio do cartel das “Festas de San Xoán 98” (Carballo, A Coruña) – 1998.
. 1º Premio “Logotipo Escola Universitaria Enfermería” (Ferrol) – 1998. 
. 2º Premio no “Krasnodarapril Cartoon Contest. Alcohol Krasnodar” (Rusia) – 1998.
. Premio “Debuxos humorísticos do entroido” (Fene) - 1998.
. Premio Fundación Barrié de la Maza no “2º Premio de Pintura Naval Almirante 97” (Ferrol) – 1997.
. 1º Premio Concurso de Carteis CIG “10 de marzo” (Ferrol) – 1996.
. 1º Premio Certame de Expresión Gráfica “Concepción Arenal” (Ferrol) – 1996.
. 1º Premio do Concurso de Debuxo “Philadelphia” (Madrid) – 1995.







No hay comentarios:

Publicar un comentario