Pulse sobre la foto para ampliarla
A responsábel local nacionalista, Digna Faraldo, quere amosar a
satisfacción do BNG de Fene ante o arquivo da denuncia presentada contra o ex
alcalde do nacionalista Xosé Fene Maria Rivera Arnoso por falsificación.
Os nacionalistas de Fene queremos manifestar que o BNG gobernou 28 anos con
eficacia e transparencia e que o ex-alcalde socialista Iván Puentes obrou
de mala fe na denuncia contra Rivera Arnoso xa que sabía que tan so había un
"atallo" administrativo para non perder unha subvención no seu
momento. O alcalde socialista intentou obter vantaxe política duns
feitos concretos desacreditando a xestión de 28 anos do BNG en Fene. A
realidade é teimuda e demostrou que o Psdeg-PSOE gobernou 4 anos
ineficazmente e xudicializando a política local e o que resulta máis grave
incapaz de realizar as obras para as que tiña fondos por máis de 2,5 millóns de
euros. As obras na casa de propiedade municipal, obxecto da denuncia,
segue sen rematar e o PP, actualmente no goberno, vai renunciar a 200.000€ que
lle deu a deputación no mandato anterior por ser incapaz de sacar adiante a
contratación desta obra. A antiga Casa de Cela está en
ruínas. Hoxe vemos como fronte ao intento de rehabilitala atopámonos a mala fe
de uns e a ineficacia dos outros.
Para o portavoz nacionalista no concello Manuel Polo Gundín “ e lamentábel
o estado de ruínas da casa, por iso imos esixir responsabilidades políticas
polo deterioro do patrimonio municipal ao alcalde actual e ao anterior”
No hay comentarios:
Publicar un comentario