martes, 25 de septiembre de 2012

FOTO DENUNCIA


O PSOE esixe ao PP que amañe inmediatamente o Camiño do Sartego Hai máis de tres meses que concluiron as obras nesta importante vía e aínda non se repuxo o aglomerado da mesma. 

 Dende hai máis de tres meses os veciños do Sartego (Fene) esperan a que o Concello repoña o firme do camiño do memo nome, levantado a consecuencia dunhas obras de abastacemento realizadas na zona. As obras hai tempo que concluiron, pero nin o Concello de Fene nin a empresa encargada das mesmas repuxeron o aglomerado retirado.

 Debido a isto, no tramo comprendido entre o cruce do Camiño do Sartego co de Fonte do Campo (entorno da Casa da Cultura) e o cruce co da Casa Vella, o vial presenta algún bache de grandes dimesións, ademais de numerosas irregularidades que dificultan o transito normal de vehículos e a aumentan a inseguridade dos peóns e veciños que transitan pola zona.

 Durante os primeiros meses os baches estiveron simplemente recheos de zahorra, ata que a finais de agosto, a raíz precisamente das queixas formuladas xa daquela polo Partido Socialista, uns foron tapados con formigón e outros con gravilla. Unha solución que se entendeu como provisional, xa que se trata dunha camiño con firme de aglomerado, pero logo dun mes a situación segue igual e parece definitiva.

 Por iso, de novo o Partido Socialista, esíxelle ao PP de Fene que amañe dunha vez por todas o firme deste camiño, tapando todos os baches con aglomerado e retirando a gravilla solta que inunda a día de hoxe toda a calzada, xa que está a provocar constantes situacións de inseguridade para os vehículos e os peóns.

 Iván Puentes, portavoz do PSOE, sinala que “o pasostismo e deixadez amosados con este camiño son unha mostra máis de como o PP ignora as necesidades dos veciños e veciñas do Sartego e do resto do Concello. Non escoitan á xente.”

 Lembra tamén o Partido Socialista que a decisión do PP de establecer hai un ano unha dirección única no Camiño da Casanova, que conecta a Avenida do Concello e a Avenida Naturais co Sartego, ten provocado un considerable aumento do tráfico neste tramo do que agora se reclama o seu amaño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario