miércoles, 11 de julio de 2012

O lixo amoréase nas praias de Fene en plena tempada de verán


 Lixo praia San Valentin 

Lixo praia San Valentin

O material retirado na limpeza dos areais non se elimina, senón que se acumula desde hai máis dun mes nas inmediacións de todas as praias


Como acontece todos os anos, o Concello de Fene contratou recentemente os traballos de limpeza de praias, pero a diferencia do que sucedeu sempre, o lixo retirado dos areais non é levado para o seu tratamento e eliminación posterior, senón que desde o primeiro momento está sendo amoreado nas inmediacións das mesmas.

Así, en prácticamente calquera das seis praias coas que conta o Concello de Fene, pódense atopar hoxe grandes montóns de lixo, que medran cada día, que afean o entorno e que vulneran as mínimas condicións de salubridade, hixiene e sostenibilidade nas que deben estar os areais. O problema agrávase se temos en conta que este lixo non está nin tan siquiera depositado nun contenedor, senón que se acumula directamente sobre o chan.

Son numenrosos os cidadáns que manifestaron xa o seu malestar polos cheiros e acumulación de insectos, entre outras molestias, que esta concentración de residuos está provocando. Según Iván Puentes, portavoz socialista, “o mal tempo axudou a que esta imprudencia non pasara a maiores, pero tan pronto como se incrementen as temperaturas e a xente vaia á praia, podemos atoparnos cun problema serio se non se adoptan medidas”.

Por iso, o PSOE de Fene pídelle ao Goberno Municipal que retire de xeito inmediato todo o lixo que se acumula nas praias de Fene e que sexa eliminado correctamente, para non poñer en risco a saúde e hixiene dos usuarios e non perxudicar aínda máis unha tempada de verán que xa se prevé por si suficientemente dura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario