lunes, 18 de junio de 2012

O PSOE denuncia as condicións laborais dos traballadores das instalacións deportivas municipais


A nova empresa encargada do seu mantemento, Eulen, incumple as condicións de subrogación do personal e reduce notablemente os medios destinados á limpeza.


Pese ao escaso tempo que a empresa Eulen leva prestando o servizo de mantemento das instalacións deportivas municipais (pouco máis de dous meses) os incumplimentos do contrato asinado co Concello de Fene son xa cuantiosos.

Esta mesma semana os representantes dos traballadores, que segundo o prego do concurso terían que ser subrogados por Eulen nas mesmas condicións nas que traballaban coa anterior empresa, denunciaron que a dúas persoas con contrato indefinido anuncióuslles xa o seu paso a temporais discontinuos e ao resto preavisóuselles verbalmente da reducción da súa xornada laboral. Unha decisión incomprensible, xa que co persoal actual Eulen non pode cubrir nin o 75% das horas previstas no contrato co Concello.


Con respecto ao persoal, o Prego de Prescripcións Técnicas regula tamén a necesidade da existencia dun/dunha coordinador/a do servizo con presenza nas instalacións dun mínimo de 8 horas semanais. EULEN soamente achegou en 3 ocasións a unha persoa sin acadar unha presencia superior ás 4 horas nas instalacións. E sempre para tramitacións administrativas e non para labores de coordinación.

Deficiencias no servizo prestado aos veciños/as


Esta precarización nas condicións de traballo do persoal tradúcese nun peor servizo aos veciños/as que usan as instalacións deportivas municipais e súmanse a outros lamentables incumplimentos con respecto ao previsto no prego.


Así, tal e como denuncian os usuarios/as, a hixiene e limpeza da piscina municipal ten empeorado notablemente, pois Eulen segue sen aportar os equipos de manetemento das instalacións deportivas aos que se comprometeu no concurso, como o robot de limpeza da piscina, imprescindible para limpar o fondo da mesma (hoxe xa hay verdín), a pistola a presión para evitar a proliferación de fungos no perímetro do vaso, o fotómetro e o termómetro para controlar o ph da auga ou a necesaria maquina de limpeza para manter axeitadamente o chan dos pavillóns.


A maiores, os socialistas calculan que do total de horas que Eulen está obrigada por contrato a traballar nas instalacións deportivas municipais, está deixando de prestar á semana unhas 86 horas, o que suporía un aforro para a empresa duns 3.000 euros ao mes en salarios e seguridade social.


Así, na piscina municipal Eulen está a prestar só 35 horas semanais das 55 ás que lle obriga o contrato co Concello de Fene, no Pabillón do Ramo, 21 das 37 obrigadas e no campo de fútbol dos Pinares, ningunha das 50 horas á semana que lle corresponden.

A precaridade de medios técnicos e humanos cos que se está a traballar ten producido numerosas situacións singulares, por exemplo, traballadoras da limpeza que por dispoñer dunha soa mopa, teñen que elixir entre lávala e non limpar ese día ou seguir limpando coa suciedade acumulada dos días anteriores, ou servizos de apertura de instalacións na que os/as traballadores/as só se persoan para abrir e pechar as instalación, se ningún tipo de control durante o uso das mesmas, nin posibilidade de atender ningunha incidencia que poida xurdir.


Debido a todos estes graves incumplimentos, o PSdeG-PSOE de Fene solicitálle ao Goberno Municipal de Fene que tome cartas no asunto e que adopte as medidas oportunas para obrigar a Eulen a cumprir co disposto no contrato que asinou recentemente co Concello de Fene para o mantemento das súas instalación deportivas.


Ademais, os socialistas esíxenlle ao PP de Fene que leve a cabo as labores de control precisas para garantir a salubridade das instalación deportivas municipais, fundamentalmente da piscina, a fin de garantir que a deficiente limpeza non implique ningún risco para os usuarios/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario