Inacio Vilariño presenta este martes en Fene “Burromaquia”
A compañía Fantoches Baj, dirixida por Ignacio Vilariño, porá en escea un espectáculo de narración oral en base a contos, poemas, fábulas e cancións que teñen como protagonista e fío condutor ao 'Burro da Tia Lola' (personaxe que popularizaron nun pasodobre so gaiteiros Os Dezas de Moneixas). A sesión de contacontos comezará mañá martes ás 18:00 horas e vai dirixida a nen@s a partir dos 4 anos. A actividade encádrase dentro do programa Letras Vivas, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos
INACIO VILARIÑO
Inacio Vilariño, actor licenciado en Belas Artes, dedícase desde hai dez anos ás artes escénicas, realizando performances, teatro de marionetas, teatro de actor, espectáculos de rúa e animación. Antes de fundar 'Fantoches Baj' no 2006, traballou nas compañías Viravolta e Seisdedos, participando en todas as súas montaxes como construtor e manipulador de monicreques (desde 1993 ata 2005), e en Os Quinquilláns, como escenógrafo e actor.
Máis información sobre a actividade e o contador en:
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario