jueves, 3 de mayo de 2012

ARRINCA A 4ª LIGA GALEGA DE FLAG FOOTBALL CON VICTORIA CONTUNDENTE DO CFA TRASNOS DE FENE


O equipo local defendeu a súa condición de actual campión galego, gañando os seus tres partidos da xornada

O pasado domingo, 29 de abril, celebrouse no campo dos Pinares (Fene) a primeira xornada da IV Liga Galega de Flag Fútbol. O CFA Trasnos, que fixo de anfitrión, acadou a victoria nos seus tres partidos da xornada. O ano pasado, o líder tras a primeira xornada foi o Vigo Guardians, conxunto que no seu primeiro partido de competición oficial conseguiu inflinxir a primeira e única derrota que os Trasnos teñen no seu haber nesta competición.

Unha representación do Concello de Fene -encabezada polo alcalde, Gumersindo Galego a concelleira de Deportes, Rocío Bértoa, e os edís de Persoal, Alejandro Dopico, e Obras e Servizos, Andrés Serantes- desprazouse ata Os Pinares para presenciar o evento. Alí as autoridades posaron cos equipos participantes e os árbitros, así como cos tres trofeos de campións galegos que os Trasnos lles ofreceron simbólicamente. Segundo informa o equipo fenés, está previsto que antes de que representen a Galicia no Nacional de Flag (Spanish Flag Bowl 2012) que se celebrará no mes de xuño, o CFA Trasnos desprazarase ata a Casa do Concello de Fene para ofrecer os tres trofeos de xeito oficial.


RESULTADOS 1era JORNADA IV LGFF - ANFITRIÓN: CFA TRASNOS (FENE)
1era ronda:
CFA TRASNOS 32 - 21 CORUÑA TOWERS
CSF TEO 14 - 26 VIGO GUARDIANS
2da ronda:
CFA TRASNOS 33 - 0 CSF TEO
CORUÑA TOWERS 6 - 34 VIGO GUARDIANS
3era ronda:
CFA TRASNOS 26 - 18 VIGO GUARDIANS
CSF TEO 21 - 25 CORUÑA TOWERS
CLASIFICACIÓN PROVISIONAL:
1. CFA TRASNOS (3-0)
2. VIGO GUARDIANS (2-1)
3. CORUÑA TOWERS (1-2)
4. CSF TEO (0-3)
FLAG FOOTBALL

O “Flag Football” é unha modalidade de Football americano na que non está permitido o contacto físico e na que equipos de cinco xogadores se enfrontan nun terreo de xogo dunhas 25 iardas. No canto de placar ao contrario, o que hai que facer é quitarlle unha das cintas que leva suxeitas con velcro ao cinturón (flags). É un deporte mixto e unha boa introducción ao fútbol americano “de verdade”.

En Galicia vense practicando este deporte dende o ano 2007. En 2008 creouse a Asociación Galega de Fútbol Americano (AGFA) e en 2009 celebrouse a primeira Liga Galega de Flag Fútbol. O CFA Trasnos de Fene foi o gañador das tres anteriores edicións de liga.
Hoxe por hoxe en Galicia existen 4 equipos de flag en condicións de competir a nivel autonómico: CFA Trasnos (Fene), A Coruña Towers (Oleiros), CSF Teo (Teo) e Vigo Guardians (Vigo). Polo momento non hai moita demanda deste deporte entre o público feminino, malia que tanto Vigo como Coruña contan este ano cunha rapaza nas súas filas.

Por outro lado, o CSF Teo compite con varios mozos da súa escola infantil, que están rondando os 15 anos. O CFA Trasnos tamén comezou a traballar nas categorías de base, aínda que non directamente dentro do club, senón a través da ANPA do colexio Jorge Juan (Fene), onde adestra aos “Lobos de Perlío” (sub-12, non compiten na liga xa que é categoría OPEN, é dicir, a partir dos 14 anos)

FORMATO DE LIGA
Son 4 equipos. Cada un organiza unha xornada na que todos os equipos se enfrontan entre sí, xogando así cada un 3 partidos por xornada ata un total de 12. Quen sume máis victorias ao final da competición será o gañador.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario