viernes, 23 de marzo de 2012

SENDEIRISMO DE PRIMAVERA 2012 EN FENE

A Concellería de Deportes programa dúas marchas, a rota circular de Tordoia e a de San Andres de Teixido, para os meses de abril e maio

O vindeiro luns, 26 de marzo, abre o prazo de inscripción para participar nas marchas de sendeirismo que organiza o Concello de Fene para esta primavera. A primeira, denominada RUTA CIRCULAR DE TORDOIA (ORDES), celebrarase o sábado 14 de abril, namentres que a segunda, a de SAN ANDRÉS DE TEIXIDO (CEDEIRA), farase o sábado 19 de maio. Námbolos dous casos o custe da actividade ascende a 10,45 euros.

As persoas interesadas en participar en calquera destas dúas marchas deben dirixirse ás dependencias administrativas da Concellería de Cultura e Deportes (Avda.

Naturais, 44, entrechán. Teléfonos 607.615.962 ou 981-340366), de luns a venres entre as 9:30 e as 13:30 horas. A idade mínima de inscripción sitúase nos 12 anos, podendo participar menores baixo responsabilidade paterna/materna e sempre acompañados dun adulto.

Segundo informan dende a Concellería de Deportes de Fene, o número de prazas disponibles para cada unha das marchas ascende a 40, cubríndose estas por rigorosa orde de inscripción. Asemade, advírtese de que para a realización das mesmas deberá cubrirse o cincuenta por cento das prazas ofertadas.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario