MERCADILLO

lunes, 26 de marzo de 2012

O FOTÓGRAFO BRAIS GEN EXPÓN DENDE MAÑÁ NA CASA DA CULTURA DE FENE




DATA: MARTES 27 DE MARZO DE 2012
LUGAR: SALA DE EXPOSICIÓNS DA CASA DA CULTURA (AVDA. DE CONCES, 20-22)
HORA: 20:00 HRS.

A mostra, titulada “Sugerencia de presentación”, inaugúrase este martes ás oito do serán e permanecerá na Sala de Exposicións da Casa da Cultura (Avda de Conces, 20-22) ata o vindeiro 14 de abril. Poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas. (Os días 2, 3, 4 e 9 de abril, o horario será de 10:00 a 14:15 horas. Domingos e festivos, pechado).

Nado en Ferrol, no ano 1981, Brais Gen formouse na Escola de Artes “José María Cruz Novillo” de Cuenca. Técnico Superior en Deseño Gráfico, completou os seus estudos con varios anos de Belas Artes, talleres específicos de videoarte, debuxo, fotografía e seminarios de arte e creación.
Traballa para institucións como docente de fotografía, organizando cursos e talleres. Desenvolve traballos de deseño editorial e dirección de arte, en colaboración con empresas e outros profesionais. A súa obra foi seleccionada e exposta en Barcelona, Madrid, New York, A Coruña, Murcia, Huesca, etc.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario