martes, 27 de marzo de 2012

NOVA EDICIÓN DAS “XORNADAS DE ATLETISMO DIVERTIDO” ESCOLAR NO CONCELLO DE FENE

Celebraranse o mércores e o venres desta semana no campo de fútbol municipal dos Pinares (Perlío)

Arredor de 450 nenos e nenas de educación primaria do Concello de Fene, participarán esta semana nas Xornadas de Atletismo divertido, organizadas polo Concello de Fene. Esta actividade encádrase dentro do Programa de Deporte Escolar correspondente ao curso 2011 / 2012, realizándose en horario lectivo (de 10:00 a 13:30 horas).

As Xornadas de Atletismo Divertido celebraranse este mércores para os alumnos/as do CEIP Centieiras e do CEIP Os Casais, e o venres para os do CEIP O Ramo e do Colexio Jorge Juan. Unha das novidades desta edición ten que ver co lugar de realización das probas, que pasan a celebrarse no Campo de Fútbol Municipal dos Pinares, en Perlío. Precisamente, con este cambio, todas as probas realizaranse nun circuito continuo (de xeito que o alumnado poida participar simultáneamente nas diferentes actividades).

O obxectivo destas xornadas é os nenos e nenas coñezan de forma práctica as diferentes modalidades do altletismo de xeito lúdico e non competitivo. Para iso, en ningún caso se tomarán anotacións das diferentes marcas ou tempos realizados. Ao igual que en anteriores edicións, o concello proporcionará auga e mazás aos participantes.

As probas que realizarán son as seguintes:
  • - Salto lateral
  • - Lanzamento de peso (De 4º a 6º)
  • - Lanzamento de precisión (de 1º a 3º)
  • - Gymkana (resistencia)
  • - Lanzamento de xabalina
  • - Salto de lonxitude
  • - Carreiras de velocidade: 60 mts. (de 1º a 3º)
  • - 60 mts vallas (de 4º a 6º)
  • - Relevos: 4 x 80 mts.
O concello farase cargo do transporte do alumnado e profesorado responsable dende os respectivos centros de ensino ata o Campo de Fútbol dos Pinares.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario