jueves, 1 de marzo de 2012

Fene acolle este venres a xornada “Intervencións para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por cancro”

Concello, Por Máis Vida e KineSalus organizan esta actividade que se celebrará no salón de actos da Casa da Cultura, o venres 2 de marzo, a partir das 18.30 horas. No encontro participarán o director médico do Balneario de Guitiriz, Dr. Salvador Ramos Rey, a fisioterapeuta do Centro Sanitario do Spa Loida da Coruña, Dna. Brenda Colares Coimbra, e o licenciado en CC da AF e do Deporte, D. José Antonio Barcia Tucceli.
A xornada “Intervencións para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por cancro” comezará cunha charla sobre os servizos que pode ofrecer un balneario aos/as enfermos/as de cancro. A continuación falarase sobre a prevención e o diagnóstico precoz do Linfedema e sobre o exercizo físico para persoas afectadas por cancro. O acto concluirá cunha mesa redonda na que poderán intervir os asistentes.

XORNADA “INTERVENCIÓNS PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS AFECTADAS POR CANCRO”

DATA: VENRES 2 DE MARZO DE 2012
LUGAR: SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE FENE (AVDA. DE CONCES, 20-22)
HORA: 18:30 HRS.
PROGRAMA DE CHARLAS:
- 18:35 HRS. “¿QUÉ SERVIZOS PODE OFRECER UN BALNEARIO ÁS PERSOAS AFECTADAS POR CANCRO?”, A CARGO DO DR. SALVADOR RAMOS, DIRECTOR MÉDICO DO BALNEARIO DE GUITIRIZ.
- 19:35 HRS. “PREVENCIÓN E DIAGNÓSTICO PRECOZ DO LINFEDEMA”, A CARGO DE DNA. BRENDA COLARES, FISIOTERAPEUTA DO CENTRO SANITARIO DO SPA LOIDA (CORUÑA).
- 20:10 HRS. “EXERCIZO FÍSICO PARA PERSOAS AFECTADAS POR CANCRO. REVISIÓN E PROPOSTAS”, A CARGO DE D. JOSE ANTONIO BARCIA TUCCELI, LICENCIADO EN CC DA E.F. E DO DEPORTE.
- 20:30 HRS. MESA REDONDA

Actividade organizada polo Concello de Fene, Por Máis Vida e KineSalus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario