O PSOE esixe á Xunta de Galicia e ao Goberno Municipal que rectifiquen este “recorte miserable” que transtorna gravemente a vida de moitas personas maiores de Fene.
O novo ano comezou cun novo ataque por parte do Partido Popular ao Centro da Terceira Idade de Fene. Sen previo aviso, uns carteis colocados no propio local anunciaron aos usuarios que a partir do día 1 de xaneiro o Centro permanecería pechado sábados, domingos e festivos “por falta de personal”, ademais de suprimir o servizo de cafetería e comedor.
“Indigno e miserable” son os calificativos que Iván Puentes, portavoz do PSOE no Concello de Fene, lle aplicou a este novo recorte do Partido Popular, porque “só así podemos calificar unha decisión que altera gravemente a vida de moitos maiores do noso concello. As mesmas persoas ás que o PP lles prometeu subir as pensións e non aplicarlles recortes son ás que agora ataca con este tipo de medidas, sacándolle cun man o dobre do que lles da coa outra”.
O PSOE esixiralle ao PP no Parlamento explicacións sobre a situación do Centro da Terceira Idade de Fene. Xa no último Pleno do Concello, celebrado este xoves, os socialistas de Fene pediron que o Alcalde tome cartas no asunto e lle esixa aos seus compañeiros de partido na Xunta de Galicia que tomen as medidas necesarias para volver a abrir o centro todos os días da semana e para que deixen de enganar aos usuarios e contraten xa de xeito inmediato a reforma da cociña que permita restablecer o servizo de comedor.
O peche do Centro da Terceira Idade as fins de semana e os festivos colleu por sorpresa a toda a sociedade fenesa, posto que é unha medida que xamais se apuntara por parte da Xunta de Galicia. En todo caso, se o problema deriva da falta de personal, como se di nos carteis, o PSOE de Fene cre que a solución é fácil, basta con que o Goberno de Feijoo contrate a un só dos centos de feneses e fenesas que quedaron sen traballo desde que el é Presidente para que abra e peche o centro eses días.
O problema da cafetería ven xa de vello. Unha inspección sanitaria no ano 2009 determinou que a cociña do Centro non cumpría as condicións requeridas para a elaboración das comidas, motivo polo cal a Xunta de Galicia, presidida daquela polo socialista Pérez Touriño, anunciou a construcción dunha nova cociña e dun novo comedor que solventase os problemas de espazo do actual. Sen embargo, a chegada do PP á Xunta en marzo dese mesmo ano supuxo a paralización dos traballos.
Desde aquela, tanto os usuarios do Centro como Iván Puentes, exercendo aínda como Alcalde de Fene, reuníronse en varias ocasións con diferentes responsables da Xunta de Galicia para lograr que se acometesen estas obras, vitais para a supervivencia do Centro da Terceira Idade. Neses encontros chegouse a un acordo, a Xunta faría a nova cociña e mentres tanto un servizo de catering se encargaría de servir as comidas no local.
Así funciounou, pero esa medida temporal levaba todas as trazas de converterse en permanente, porque durante os dous últimos anos o PP non tomou unha soa decisión que permitise avanzar na construcción da nova cociña, obra da que sigue sen saberse nada. Debido a isto, os actuais responsables da cafetería deciden agora deixala, posto que non lles resulta rendible. E así, unha vez máis, os usuarios do Centro, moitos deles persoas de avanzada idade que viven sós, quedan sen servizo de comida.
Tamén sen calefacción
O deterioro nos servizos do Centro da Terceira Idade de Fene vai máis aló. Varios usuarios fixéronlle chegar ao PSOE o seu malestar polo feito de que dende hai varios días tampouco funciona a calefacción do local, sen que ninguén faga nada para solucionar este problema.
Ademais, cómpre lembrar que o pasado outono decenas de usuarios xa asistiran a un Pleno do Concello para denunciar a supresión da Coral da Terceira Idade e a suba desorbitada no prezo das actividades que se programaron no centro para este curso, pedindolle ao Goberno Municipal que mediase coa Xunta de Galicia para atopar unha solución. Todo a día de hoxe segue igual, sen solución a ningunha das súas demandas.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario