miércoles, 11 de enero de 2012

O BNG denuncia o peche da Biblioteca Municipal de Fene

O pasado luns 9 de xaneiro, a Biblioteca Municipal de Fene permaneceu pechada sen aviso previo no seu horario habitual. Para o BNG, trátase dunha descoordinación evidente entre as Concellerías de Persoal e Cultura. O goberno local autorizou os diferentes períodos de vacacións aos que teñen dereito os empregados municipais. No caso da Biblioteca é evidente que existiu descoordinación entre as concellerías de Cultura, que marca os horarios das dependencias e a Concellaría de Persoal que autoriza os permisos e vacacións.

Xa son varios os casos de tomas de decisións equivocadas co que respecta ao persoal municipal, por parte do goberno do PP, pero esta é a primeira vez que afecta dun xeito directo á cidadanía. Antonte á tarde moitos usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal poeta Pérez Parallé de Fene, tiveron que dar volta sen recibir o servizo agardado.

Os nacionalistas entregaron unha queixa ao alcalde a través do Rexistro municipal, para que aclare a situación e amosando a disconformidade de cómo se están a xestionar as áreas de Cultura e Persoal.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario