viernes, 11 de noviembre de 2011

Xuntanza coas Sociedades de Fene

O Concello tenta desbloquear a convocatoria de subvencións de concorrencia competitiva correspondentes ao ano 2010

A Concellería de Cultura e Deportes de Fene convoca ás sociedades que tramitaran axudas ao abeiro da convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o exercizo 2010 a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro luns, 14 de novembro, ás 19:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

O obxectivo desta xuntanza é tentar desbloquear esta convocatoria e avanzar nunha nova convocatoria de subvencións para o exercizo 2011.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario