A avenida do Mar en San Valentín, o cruce da rúa do Peirao coa rúa Xunqueira en Perlío e Rúa da Riveira que baixa da estrada da Palma ao peirao de Barallobre atópanse nun estado perigoso para a circulación de autos e peóns. O BNG xa denunciou o mal estado desatas rúas no Pleno de hai un mes, e as situación é a mesma a día de hoxe. Os nacionalistas solicitamos no Pleno que se axilizaran as obras de reposición por parte da empresa que está a facer as obras da EDAR e que mentres non comenzaran as mesmas se colocara unha sinalización axeitada. Visto que a situación está cada día peor imos rexistrar por escrito a mesma demanda.
O alcade ten que garantir o transito polas rúas, con seguridade para os vehículos e a xente, máis se cadra nas zonas escolares que se atopan carentes da sinalización precisa, como é o paso de peóns fronte o CPI da Xunqueira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario