miércoles, 5 de octubre de 2011

VINTASETE ORIXINAIS OPTAN AO PREMIO NACIONAL DE POESÍA “PÉREZ PARALLÉ”

O xurado reunirase o 2 de novembro no local do CMI Unidade de Fene

Rematado o prazo, un total de 27 orixinais, catro máis que o ano anterior, concorren á XXIV edición do Premio Nacional de Poesía “Xosé María Pérez Parallé” convocado polo CMI Unidade de Fene coa colaboración do Concello de Fene e a editorial “Espiral Maior”.

O Premio Nacional de Poesía “Xosé María Pérez Parallé” ten por obxectivo a promoción de novas voces polo que as persoas que participan nesta convocatoria non teñen publicado ningún libro individual de poesía.

Os autores e autoras presentan a concurso un libro de poesía en lingua galega, correspondéndolle ao xurado determinar se os traballos presentados poden considerarse ou non “libro”. En calquera caso, nas bases do concurso recoméndase que os traballos teñan unha extensión mínima de 300 versos.

O premio consistirá na edición do libro na colección de poesía “Espiral Maior” e a primeira edición constará dunha tiraxe de 800 exemplares.

O xurado, cuxa composición farase pública a finais do mes de outubro, reunirase o vindeiro 2 de novembro nas instalacións do CMI Unidade de Fene. A entrega do premio terá lugar o sábado 19 de novembro nun acto programado ao efecto nesas mesmas instalacións.

Para consultar máis información sobre as bases e edicións anteriores do premio, http://premioperezparalle.blogaliza.org/bases/

No hay comentarios:

Publicar un comentario