miércoles, 6 de octubre de 2010

O Concello de Fene organiza unha charla sobre dinamización e prevención da demencia

O acto terá lugar mañán xoves ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Fene

A logopeda Silvia Loureiro e a psicóloga Sofía Bellón falarán sobre o adestramento cerebral e a vitalidade cognitiva


O Concello de Fene a través da súa Concellería de Servizos Sociais que dirixe Rocio Rey organiza unha charla sobre o adestramento cerebral e a vitalidade cognitiva dentro do programa de dinamización e prevención da demencia, que consta dun ciclo de charlas para as veciñas e os veciños de Fene. A logopeda Silvia Loureiro de a psicóloga Sofía Bellón falarán mañán deste tema na Casa da Cultura de Fene a partir das 19.30 horas. A logopeda centrarase nos obxectivos xerais do coidador respecto ós pacientes con demencia, a importancia da estimulación cognitiva, a comunicación verbal e non verbal e as actitudes positivas que sempre debe adoptar o coidador cos pacientes. A psicóloga Sofía Bellón falará do locus de control, a expectativa de autoeficacia, a asertividade e o autocontrol emocional. Será mañán xoves na Casa da Cultura de Fene ás 19.30 horas

MÁIS INFORMACIÓN: SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE FENE
Avda. Naturais, 44 – entresollado
981 34 26 07 - 981 49 27 06

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario