O Concello fenés considera que o plan invade competencias municipais e entra en conflicto co Plan Xeral de Ordenación Urbana de Fene do 2003.
O Concello considera que o documento ten moitas deficiencias técnicas, como confusión cromática nos planos e gráficos cando se fala de documentos a escala 1/20.000
O desenvolvemento do POL significa un sobre costo xa que hai que adaptar o plan de urbanismo a esta nova regulación. O Concello de Fene solicita que a Xunta se faga cargo e financie a revisión do plan e os estudos técnicos correspondentes para adecuar o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Fene ao novo POL
O Concello de Fene acordou esta semana en reunións cos grupos políticos e co tecido asociativo fenés redactar un documento de alegación ao POL remitido pola Xunta de Galicia este verán. O Concello fenés considera o documento con moitas deficiencias técnicas como confusión cromática nos planos para diferenciar demarcacións e sobre todo cando falamos de planos a escala 1/20.000 que dificulta notablemente unha exposición clara e concisa aos propios servizos técnicos municipais.
O documento presentado pola Xunta de Galicia tamén ten falta de criterio no seus plans publicados xa que non se corresponden coa realidade e invaden competencias municipais, desenvoltas a través do Plan Xeral de Ordenacion Urbana de Fene aprobado no ano 2003. O POL tamén produce inxerencia na autonomía municipal e ademáis o seu desenvolvemento obriga a modificacións puntuais do planeamento urbanístico. Deste xeito, a reforma do plan de urbanismo significa un sobrecosto polo que o Concello de Fene solicita da Xunta a financiación das reformas necesarias. As alegacións presentáronse por unanimidade.
O Concello de Fene xa presentou alegacións ao primeiro documento presentado no seu día pola Xunta de Galicia. A administración autonómica considerou algúns dos recursos plantexados por Fene pero non outros, que a institución municipal considera esenciais. O pasado xoves, en comisión o Concello acordou remitir á Xunta de Galicia un novo documento de alegacións.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario