jueves, 30 de septiembre de 2010

O BNG afirma que a concellaría de obras e servizos de Fene atópase en “paradeiro descoñecido”

Para o BNG de Fene é desconcertante a fuxida cara diante da concellaría de obras e servizos. A xestión diaria non existe, a atención á cidadanía é francamente mellorábel e a planificación dos servizos municipais é inexistente. En canto á xestión das obras financiadas polo Estado, a Xunta ou pola Deputación provincial nin se avanza nin se da conta nas comisións informativas. Fene ten pendentes de iniciar máis de 50 obras diferentes e tan so avanzaron aquelas do PLAN E 2009 que polos prazos non se podían adiar. A execución de convenios pendentes coa deputación ou os Plans provinciais que están sen inciciar desde o 2007 son outro misterio que desde o BNG reclamamos que empecen xa. Son máis de 2 millóns de euros pendentes de investir e que contancon finanzamento. No BNG descoñecemos se existe algunha razón pola que esta concellaría non cumpre os mínimos da xestión cos veciños e veciñas de Fene.

O portavoz nacionalista no concello, Manuel Polo, afirma ”so queremos por un exemplo do abandono e a desgana coa que se traballa desde esta área; no ano 2009 a cencellaría de Servizos que drixía a nacionalista Ines Roca, fixo un plan de mellora das fontes e lavadoiros con especial atención aos tres que se atopan no camiño de Santiago. Pasado ano e medio o lavadeiro rehabilitado de Santa Ana aínda ten os dous colectores do lixo diante, cando estaba previsto desprazalos uns metros para mellorar a estética e a comodidade do lavadoiro como zona de descanso para os peregrinos e peregrinas.”

.

1 comentario:

  1. Xa fai tempo que este rapaz que leva obras e servicios non se entera,gustaríame que se dera unha volta polos concellos veciños de Cabanas e Neda e ver como deixan os camiños,con aglomerado e teñen as silveiras rapadas.Aqui dedicaronse a tirar un pouco chapapote e moita graba por riba,pero furados non taparon o primeiro,as silveiras xa se ve como estan,e todo o demais.

    ResponderEliminar