Dende hai meses que a Xunta de goberno local do concello de Fene non aproba licenzas urbanísticas. O goberno de Puentes non escoita nin atende as solicitude dos veciños e das empresas en materia urbanística. Concretamente na última Comisión informativa de urbanismo déuselle luz verde a unha serie de licenzas de vivendas familiares que levaban meses agardadando. Esta Comision é informativa e polo tanto non ten un carácter executivo como si ten a Xunta de goberno local. Estas licenzas siguen a agardar a pesar do visto bo da Comisión.
As licenzas de primeira ocupación son outro frente aberto desde o ano 2007, ano no que se paralizaron tamén estes trámites, que están a causar problemas a numerosos propietarios de vivendas novas.
Para o BNG é lamentábel que licenzas como as solicitadas por Fenosa para o soterrramento e mellora de liñas eléctricas ou as licenzas de vivendas unifamiliares estean sen outorgar dende hai case dous anos, cando estamos a falar de actos administrativos regulados que non deben demorarse sin explicación como no caso do concello fenés.
Para o Portavoz nacionalista no concello de Fene, Manuel Polo,”é unha necesidade axilizar todas estas tramitacións, máis aínda nun intre de crise e de pouca demanda de construcción como na coxuntura actual.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario