viernes, 23 de julio de 2010

O BNG leva dous anos reclamando ao PSOE a presentación do orzamento municipal

O goberno socialista pasou todo o 2009 e xa 7 meses de 2010 coas contas prorrogadas o que manifesta falta de proxecto e de ideas para Fene.


O ritmo de traballo do PSOE non é o necesario para conseguir cumprir cos veciños e veciñas e poder contar dunha vez por todas cun orzamento do ano en curso. Son moitas as débedas contraídas con moitas empresas que é necesario pagar, sobre todo na situación de crise na que nos atopamos, na cal é necesario traballar con eficacia e cun criterio anticrise. Na actual conxuntura de destrución de emprego, Fene necesita un orzamento municipal que defenda os intereses da veciñanza. A creación de emprego, a potenciación dos Servizos sociais e o inicio das obras pendentes dende 2007 procedentes da Deputación Provincial, son elementos fundamentais para o BNG.

No BNG lamentamos a falta de traballo do actual goberno socialista de Fene, polo que esiximos un maior rendemento polo ben dos feneses e fenesas.

O portavoz nacionalista, Manuel Polo, afirma que “por non haber, non hai nin comisións de facenda ordinarias dende hai meses”. “Este goberno está esgotado, non ten proxectos nin ideas e por riba non escoita á xente.”

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario