Fene 26 de xullo de 2010.- Durante os días previos ao 25 de xullo o concello de Fene ven celebrando dende hai 30 anos o denominado “Ciclo da Patria galega” no que desde a institución municipal se organizan unha serie de actuacións musicais e de ocio, así como unha ofenda floral perante o monumento adicado a este día no parque do río Cádavo. Ademais o concello sempre promoveu o uso da nosa bandeira tanto na distribución entre os veciños e veciñas como na colocación polas parroquias de guirnaldas con bandeiras galegas.
Pois neste ano desde o BNG lamentamos que o desinterese do alcalde fose tal que non tivo a presenza institucional nos diferentes actos, nin se colocaron bandeiras nas diferentes parroquias. En canto á distribución de bandeiras, no grupo municipal do BNG, recibimos numerosas queixas de veciños e veciñas polo rápido esgotamento das mesmas e pola falla de interese do goberno municipal en repoñer bandeiras para que as persoas que as quixeran ponderan facerse con unha tal e como indicaba a propaganda municipal.
Para o portavoz municipal do BNG, Manuel Polo”resulta alarmante o nivel de cansanzo e esgotamento do goberno socialista de Fene así como a súa xordeira e desconexión coa xente.”
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario