martes, 27 de julio de 2010

O BNG facilita a aprobación do orzamento para o presente ano

Os nosos veciños merecen un orzamento novo para poder ter mellores servizos e que as subvencións das obras pendentes dende 2007 non se perdan

Fene 27 de xullo de 2010.-Logo de 19 meses, os socialistas presentan un orzamento para o seu debate e aprobación o vindeiro venres en comisión e o martes en Pleno. O ano pasado foron incapaces de presentar un documento de orzamento. So a falta de inciciativa, ideas e proxectos leva a que o goberno socialista de Puentes presente os seus primeiros orzamentos tan tarde.

Para os nacionalistas de Fene é lamentábel que Puentes perdera tanto tempo, para o portavoz nacionalista, Manuel Polo “ no último ano e medio Puentes non fixo nada, entre outras cousas, para combater o desemprego, que en Fene está en cifras de record de máis do 20 % da poboación activa”.

A ausencia de proxecto, a falta dun equipo ben dirixido, e a falla de coñecemento da realidade municipal son algúns dos motivos da incapacidade socialista para facer un orzamento anual que marque as liñas de traballo do concello.

Os nacionalistas de Fene temos previsto facilitar a aprobación das contas, logo de que o goberno local incluise parte das nosas propostas. Os elementos máis importantes que se incluen son: o reforzamento dos servizos sociais, coa ampliación de fondos para o Servizo de axuda no fogar para o cumprimento da Lei da dependencia. Unha partida importante para a escola taller, para favorecer a formación e o emprego. A creación de bolsas de emprego público. Por outro lado temos demandado unha mellora nas subvencións as entidades asociativas do concello. No capítulo de obras o orzamento prevé a achega do concello aos Plans provinciais pendentes desde 2007 ademais de 45000 € para levar a auga a Magalofes.

Puentes está a ser enganado, o alcalde énchese a dicir que no 2009 non tivo apoio para sacar as contas adiante. Nós preguntamonos, a quen llas presentou?

Onde se votaron para ser rexeitadas pola oposición?

Porque non usou a Moción de confianza, se tan seguro estaba do seu inexistente proxecto orzamentario?

.

1 comentario:

  1. Danlle o apoio ao Puentes,e se hai eleccions volverían a pactar con el....esa é a realidade do Bng de Fene.

    ResponderEliminar