O concelleiro foi incapaz de explicar como se fixeron algunha obras pero si confesou ter encargado obras sen memorias nin proxectos nin orzamentos, como no caso do actual Plan de rebacheos, que carece de data de inicio, data de fin, orzamento e memorias valoradas. Preguntámonos como se van pagar estas obras. Quen as supervisa e quen as certificará. O edil de obras e servizos asumeu como normal o abuso das subcontratacións, o que resulta custoso para o concello pero que é consecuencia da súa deficiente organización da brigada de obras municipal.
Petición de dimisión
O portavoz nacionalista, Manuel Polo, esixiulle ao concelleiro que traballase con información, transparecia, eficacia e con atención aos veciños e se non que dimitise. No transcurso da comparecencia chegou a negar a posibilidade de dar explicacións do seu facer diario "o cal evidencia o seu escaso nivel político" afirma Polo.
Oferta de colaboración
O BNG ofreceu, no transcurso do debate a súa colaboración, como veu facendo nos últimos anos, para acelererar as diferentes obras. “Temolo feito no goberno e facémolo na oposición, hai uns días acompañamos ao alcalde a ver ao conselleiro Agustín Hernandez para axilizar as obras da auga a Magalofes e o saneamento a San Marcos” afirman os nacionalistas.
Seguemento das obras
Por último, no BNG imos facer un traballo minucioso para que os veciños e veciñas de Fene non perdan obras xa financiadas e aprobadas por máis de 1,5 millóns de €, ademais, como todo o mundo sabe, estamos a disposición da xente para transmitir as súas necesidades e esixirlle ao goberno o seu cumprimento áxil e respetuoso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario